Pedro Vázquez Viñas
Pedro Vázquez | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Pedro Vázquez Viñas | ||
Nacemento | 19 de febreiro de 1989 | ||
Lugar de nacemento | Vigo | ||
Altura | 1,70 m. | ||
Posición | Extremo | ||
Información de club | |||
Club actual | Afturelding | ||
Número | 22 | ||
Carreira xuvenil | |||
Celta de Vigo | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2008–2011 | Celta de Vigo B | 86 | (4) |
2011–2012 | Villarreal B | 16 | (0) |
2012–2013 | Orihuela | 14 | (0) |
2013–2017 | Coruxo | 130 | (17) |
2017–2018 | Melilla | 35 | (4) |
2018–2020 | Pontevedra | 61 | (3) |
2020–2021 | Coruxo | 17 | (1) |
2021– | Afturelding | 26 | (7) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 8 de xullo de 2022. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Pedro Vázquez Viñas, nado en Vigo o 19 de febreiro de 1989, é un futbolista galego, que xoga como extremo no Afturelding de Islandia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formado na canteira do Celta de Vigo, aos 19 debutou co Celta B na Segunda División B, nun partido ante o Santa Brígida no que saltou ao campo de Barreiro na segunda parte como substituto de Mateo Míguez.[1] Xogou as seguintes tres tempadas co filial na categoría de bronce, antes de fichar en 2011 polo Villarreal B, de Segunda División.[2] Foi titular en boa parte dos partidos da parte inicial da tempada, con Molina como adestrador, pero perdeu protagonismo no equipo coa chegada ao banco de Julio Velázquez. Xogou un total de 16 encontros, perdendo a categoría ao remate da tempada, por mor do arrastre provocado polo descenso do primeiro equipo.[3]
En setembro de 2012 fichou polo Orihuela, de Segunda B,[4] no que xogou ata o mercado invernal, cando se converteu en xogador do Coruxo, da mesma categoría. Militou no club vigués durante as seguintes catro tempadas e media, acumulando 130 partidos e 17 goles. Durante a campaña 2017/18 xogou no Melilla,[5] para regresar na seguinte a Galicia, fichando polo Pontevedra, club no que militou durante dous anos. No primeiro deles disputou un total de 35 partidos de liga, mentres que a súa participación baixou ao ano seguinte, debido a algúns problemas físicos.[6] No verán de 2020 volveu ao Coruxo, adestrado por Míchel Alonso, onde xogou unha campaña, acadando os 343 partidos na Segunda B.[7]
En maio de 2021 puxo rumbo a Islandia para xogar co Afturelding, na segunda división do país, a 1. deild karla.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Celta de Vigo 3-1 Santa Brígida". BDFutbol (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ "El centrocampista del Celta B Pedro Vázquez ficha por el Villarreal B". Faro de Vigo (en castelán). 9 de maio de 2011. Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ Ortigosa Arnau, Carlos (14 de maio de 2012). "El filial se ve obligado a descender a Segunda B tras el descenso del Villarreal" (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ Zerón, Jesús (15 de setembro de 2012). "El Orihuela ficha a Pedro Vázquez, extremo izquierdo procedente del Villarreal B" (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ "Pedro Vázquez: “Me decidí por Melilla por el estilo de fútbol”" (en castelán). 27 de xullo de 2017. Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ "Un regreso a casa más que cantado" (en castelán). 7 de agosto de 2020. Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ "Pedro Vázquez firma su regreso al verde de O Vao" (en castelán). 14 de agosto de 2020. Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ V. F., M. (23 de novembro de 2021). "El desafío islandés de Pedro Vázquez" (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en Futbolme.com (en castelán).