Pedro Sáinz de Andino
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de novembro de 1786 Alcalá de los Gazules |
| Morte | 24 de abril de 1863 Madrid |
| 4 de febreiro de 1848 – 24 de abril de 1863 ← Justo José Banqueri (pt) | |
| 10 de marzo de 1847 – 28 de abril de 1863 | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Sevilla |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, político, xurista |
| Membro de | |
| Premios | |
Pedro Sáinz de Andino, nado en Alcalá de los Gazules (Cádiz) en 1786 e finado en Madrid en 1863, foi un xurista español.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pedro Sáinz de Andino educouse no Seminario Conciliar de San Bartolomé en Sevilla, en cuxa Universidade gradouse de bacharel de Leis e logo se doutora. Ocupou a cátedra de Partidas da Universidade e logo foi claustral.
Durante a Guerra da Independencia non apoia a Lista para crear un exército patriota, mostrando Sáinz de Andino unha ideoloxía afrancesada.
Exerceu o cargo de promotor fiscal nas localidades de Tarrasa (Barcelona) e Tortosa (Tarragona). Escribiu un proxecto de Código de Comercio, o cal foi promulgado en 1829 e se mantivo en vigor ata a aprobación do Código de Comercio de 1885 e unha lei de axuizamento criminal, sancionada en 1830. A esta época pertencen obras como "Elementos de elocuencia forense" e "Dos ministros sobre o curso que debe darse ao xuízo de purificacións".[1]
No 1829 foi nomeado fiscal do Consello de Facenda e en 1830 Ministro do Consello e Cámara de Castela e membro da Xunta de Lotarías. Ese ano recibiu a Gran Cruz da Orde de Carlos III e en 1848 a da Orde de Isabel a Católica. En 1848 foi nomeado membro de honra da Real Academia da Historia.
Trala morte de Fernando VII de España en 1834 declarouse no bando isabelino. En 1847 foi nomeado senador vitalicio.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Arquivado 08 de decembro de 2015 en Wayback Machine. Pedro Sainz de Andino
- ↑ Ficha do Senado
| Predecesor: Justo José Banqueri |
Medalla 14 1848 - 1863 |
Sucesor: Fernando de Castro y Pajares |
