Saltar ao contido

Pedro Periáñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPedro Periáñez
Biografía
Nacemento1560 Editar o valor en Wikidata
Babilafuente Editar o valor en Wikidata
Morte1612 Editar o valor en Wikidata (51/52 anos)
Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, mestre de capela Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica relixiosa Editar o valor en Wikidata

Pedro Periáñez, nado en Babilafuente (provincia de Salamanca) cara a 1560 e finado en Santiago de Compostela en 1613,[1] foi un compositor de música sacra.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sábese que foi mestre de capela en Almería até setembro de 1577, cando aprobou as oposicións ao maxisterio de Málaga. O 28 de outubro de 1583 tomou a praza de cóengo-mestre de capela na Catedral de Santiago de Compostela, sucedendo a Villar de Heceso. Tras a súa morte tomou o posto Antonio Carreira.

A súa obra é menor en canto a importancia, mais a súa relevancia estriba no prolífico desta, xa que escribiu con abundancia. Os seus traballos atópanse espallados polas catedrais para as que os compuxo.

  • Ave Domina Maria, a 5 voces.
  • María Virgo.
  • Panxoliñas.
  • Te Deum.
  • Gloria in excelsis.
  1. "Compositores galegos". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2016. Consultado o 19 de xaneiro do 2016.