Pedro Morenés
Pedro Morenés | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Pedro Morenés y Álvarez de Eulate |
Nacemento | 17 de setembro de 1948 |
Lugar de nacemento | Getxo |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Navarra, Universidade de Deusto e Colegio Gaztelueta |
Ocupación | político, empresario e avogado |
Premios | Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Gran Cruz del Mérito Naval con distintivo blanco, Gran Cruz da Orde do Infante Don Enrique e Gran Cruz da Orden de Carlos lll |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pedro de Morenés y Álvarez de Eulate, nado en Areeta (Getxo, Biscaia) o 17 de setembro de 1948, é un empresario, alto executivo e político español, ministro de Defensa do Goberno de España dende o 22 de decembro de 2011 ata o 4 de novembro de 2016.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1978 licencíase en Dereito pola Universidade de Navarra. Seguidamente diplómase en Dirección de Empresas pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Deusto. Entre 1984 e 1988 traballou nun bufete de avogados, para pasar, en 1988, á Empresa Astilleros Españoles S. A., e de aí, en 1991, ao Instituto Nacional de Industria.
En 1996, tras a vitoria electoral do Partido Popular, nas eleccións xerais, o novo Ministro de Defensa Eduardo Serra Rexach, nomeouno Secretario de Estado de Defensa. Permaneceu no cargo toda a Lexislatura.
En 2000 é nomeado Secretario de Estado de Seguridade no Ministerio do Interior, e finalmente, entre 2002 e 2004 foi Secretario de Estado de Política Científica e Tecnolóxica no Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía.
En 2011, tras a vitoria do Partido Popular nas eleccións xerais, foi nomeado ministro de Defensa por Mariano Rajoy.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Real Decreto 1826/2011, de 21 de decembro, polo que se nomean Ministros do Goberno" (PDF). BOE. 22 de decembro de 2011. Consultado o 22 de decembro de 2011.
Predecesor: Juan Ramón García Secades |
![]() Secretario de Estado de Defensa de España 1996-2000 |
Sucesor: Fernando Díez Moreno |
Predecesor: Ricardo Martí Fluxá |
![]() Secretario de Estado de Seguridade de España 2000-2002 |
Sucesor: Ignacio Astarloa |
Predecesor: Ramón Marimón |
![]() Secretario de Estado de Política Científica e Tecnolóxica de España 2002-2004 |
Sucesor: Salvador Barberá |
Predecesor: Carme Chacón |
![]() Ministro de Defensa de España 2011-2016 |
Sucesor: María Dolores de Cospedal |