Saltar ao contido

Pedro Moreda Debén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPedro Moreda Debén
Biografía
Nacemento1852 Editar o valor en Wikidata
A Devesa, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xullo de 1928 Editar o valor en Wikidata (75/76 anos)
Ribadeo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor en Wikidata

Pedro Moreda Debén, nado na Devesa (Ribadeo) en 1852 e finado na vila de Ribadeo o 27 de xullo de 1928, foi un industrial indiano adicado ó negocio tabaqueiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Moreda Sarmiento e Etelvina Debén Colmenares, emigrou cedo xunto con outros dous irmáns a Cuba, onde conseguiu fundar unha próspera industrial tabaqueira. Fabricou puros coas marcas Flor de Moreda (a partir de 1882), Cornelia, Imparcial e La Diligencia. Os seus cigarros tiveron medalla de ouro nas exposicións de Bruxelas (1888 e 1897) e Anveres (1891).[1] Suicidouse cun tiro en Ribadeo o 27 de xullo de 1928.[2]

Á súa morte, a fabricación quedou en mans do seu irmán Bernardo e logo foi adquirida e trasladada ós EEUU. O seu éxito e as relacións con xentes da Devesa fixeron de tirón para a emigración da zona cara a Cuba.

  1. Pedro Moreda, el devesano que fabricó puros de fama mundial consultada o 9-11-2015.
  2. Las Riberas del Eo, 4-8-1928, p. 6.