Saltar ao contido

Pedro Calvete Brea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPedro Calvete Brea
Biografía
Nacemento27 de maio de 1914 Editar o valor en Wikidata
Sigrás, España Editar o valor en Wikidata
Morte1986 Editar o valor en Wikidata (71/72 anos)
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis, chofer Editar o valor en Wikidata
Membro de

Pedro Calvete Brea, nado en Sigrás (Cambre) o 27 de maio de 1914 e finado en 1986, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Pedro Eugenio Calvete Seoane. Chofer, militante da CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 combateu no exército franquista e foi sarxento provisional. Ao rematar a guerra montou un café bar, unha panadería e despois un bar, que lle pecharon en novembro de 1943 por realizarse nel unha reunión clandestina.[1][2]

En maio de 1945 incorporouse como chofer no Parque de Automóbiles da Fábrica de Armas, onde traballou con Enrique Ferreirós Candamo. A finais de maio de 1946 incorporouse á guerrilla. Participou no enfrontamento de Milreu o 26 de xuño no que morreron Marrofer, Lisardo Freixo, Ángel Álvarez Rego e José Doldán. Marchou a Santiago de Compostela e despois a Noia, onde se empregou nunha mina de estaño e nunha panadería.

Presentouse ás autoridades o 9 de xaneiro de 1948. Foi xulgado o 11 de maio na causa 55/48 con Antonio Ares Martínez, Luis Ferrero Núñez, Elvira Lagares Lagares, Francisco Lata Espiño e Jesús e José Sánchez Lata, enlaces comprometidos no enfrontamento de Milreu, e condenado a 30 anos de prisión. Pasou polas cadeas do Dueso e a de Santander, onde traballou no forno de pan da prisión. Saíu en liberdade condicional o 10 de xaneiro de 1959.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Pilar Sánchez Pérez.

  1. El Pueblo Gallego, 5-11-1943, p. 7.
  2. La Voz de Galicia, 9-11-1943, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]