José Pastor Horta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Pastor Horta
Nacemento21 de novembro de 1820
 A Coruña
Falecemento27 de maio de 1877
 Vichy
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónbanqueiro
editar datos en Wikidata ]

José Pastor Horta, nado na Coruña o 21 de novembro de 1820 e finado en Vichy o 27 de maio de 1877, foi un banqueiro galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Pastor Taxonera creador da compañía "Dalmau y Pastor" e máis tarde "José Pastor". Tralo seu falecemento en 1853, os seus fillos Juan Ventura Pastor Galcerán e José e Francisco Pastor Horta, fixéronse cargo da compañía que pasou a chamarse "Pastor Hermanos" en 1860. Ao quedar como único socio vivo José Pastor, a compañía pasou a chamarse "José Pastor y Cía." en 1868. Con el comezou a traballar o seu sobriño, Pedro Barrié Pastor, que se incorporou como socio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Burés Miguéns, María Teresa (2006). CIEF Centro de Investigación Económica e Financeira; Fundación Caixa Galicia, ed. "Cohesión familiar e formación mercantil nas orixes dun emporio empresarial galego" in Empresarios de Galicia. pp. 87–107.