Saltar ao contido

Pedreiro de barrete branco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedreiro de barrete branco

O. l. aegra
Kebili, Tunisia
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Muscicapidae
Xénero: Oenanthe
Especie: Oenanthe leucopyga
(Brehm, 1855)

O pedreiro de barrete branco[2] (Oenanthe leucopyga) é unha pequena ave paseriforme anteriormente clasificada na familia dos túrdidos, pero hoxe xeralmente clasificado como muscicápido.

Este pedreiro grande, de 17–18 cm de longo, reprodúcese en desertos pedrentos desde o Sáhara e Península Arábiga ata Iraq. É principalmente unha ave residente, pero aparece como un vagante raro polo oeste de Europa ata incluso Gran Bretaña. Nidifica nas gretas entre as rochas ou paredes e pon de 3 a 5 ovos.

Aínda que moitas especies de aves teñen plumaxes diferentes en machos e femias, os adultos de ambos os sexos desta especie son negros excepto polo sobrecú e cola principalmente brancas. Os exemplares plenamente adultos teñen píleo (o barrete) branco, do que carecen as aves máis novas.

A especie similar pedreiro negro, Oenanthe leucura, tamén se reproduce na parte oeste da zona de distribución do pedreiro de barete branco, pero o primeiro ten un debuxo de T invertido negro na súa cola branca, mentres que o pedreiro de barrete branco ten só o centro da cola negro. O pedreiro negro nunca ten píleo branco na cabeza.

Esta especie come principalmente insectos. Canta unha canción alta, máis variada que a maioría dos seus parentes e a miúdo inclúe imitacións das cancións doutras especies.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome do xénero Oenanthe deriva do grego antigo oenos (οίνος), 'viño' e de anthos (ανθός), 'flor'. Refírese ao retorno do pedreiro cincento a Grecia en primavera na época de floración das viñas. O nome específico leucopyga procede tamén do antigo grego leukos, 'branco', e puge, 'rabadilla' (sobrecú).[3] O seu píleo branco dálle a este paxaro o seu nome específico común galego, xunto co nome pedreiro que se lle dá a todos os membros do xénero Oenanthe.

  1. BirdLife International (2016). "Oenanthe leucopyga" 2016: e.T22710238A94240236. doi:10.2305/IUCN.UK.2016-3.RLTS.T22710238A94240236.en. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 
  3. Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. pp. 225, 280. ISBN 978-1-4081-2501-4.