Oenanthe (ave)
Pedreiros (Oenanthe) | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Macho de pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
'Motacilla oenanthe[1] Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
Ver texto | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Cercomela |
Oenanthe é un xénero de aves paseriformes denominadas pedreiros. Antes os pedreiros estaban clasificados na familia Turdidae, pero agora o habitual é que sexan clasiicados na familia Muscicapidae. É un grupo de paxaros do Vello Mundo, pero o pedreiro cincento xa se estableceu no leste do Canadá e Groenlandia e no oeste do Canadá e Alasca.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O xénero Oenanthe foi introducido polo ornitólogo francés Louis Pierre Vieillot en 1816 coa especie Oenanthe leucura, o pedreiro negro, como especie tipo.[2][3] O xénero antes incluía menos especies pero os estudos de filoxenética molecular das aves da familia Muscicapidae atopou que o xénero Cercomela era polifilético con cinco especies, incluíndo a especie tipo C. melanura, aniñada filoxeneticamente dentro do xénero Oenanthe.[4][5] Isto implica que Cercomela e Oenanthe eran sinónimos. O xénero Oenanthe (Vieillot, 1816) ten prioridade taxonómica sobre Cercomela (Bonaparte, 1856), o que fai que Cercomela sexa un sinónimo júnior.[4][6] O nome do xénero Oenanthe fora utilizado por Aristóteles para referirse a un paxaro non identificado. A palabra deriva do grego oenoē, que significa 'viño', e anthos, que significa 'florecer'. A ave estaba asociada coa tempada de floración das viñas en Grecia.[7]
Descrición
[editar | editar a fonte]A maioría das especies teñen teñen unha cor negra, branca ou vermella característica e marcas brancas nos sobrecús e colas longas. A maioría das especies teñen un forte dimorfismo sexual; só o macho ten os característicos padróns de plumaxe rechamantes do xénero, aínda que as femias teñen tamén os sobrecús brancos ou vermellos.
Lista de especies
[editar | editar a fonte]O xénero comprende 33 especies:[8]
- Oenanthe oenanthe (pedreiro cincento)
- Oenanthe seebohmi[9] (pedreiro do Atlas)
- Oenanthe pileata
- Oenanthe bottae
- Oenanthe frenata, separado de O. bottae
- Oenanthe heuglinii
- Oenanthe isabellina (pedreiro isabelino)
- Oenanthe monacha
- Oenanthe deserti (pedreiro do deserto)
- Oenanthe hispanica (pedreiro rubio)
- Oenanthe melanoleuca (pedreiro do levante)
- Oenanthe cypriaca
- Oenanthe pleschanka
- Oenanthe albifrons (antes en Pentholaea ou Myrmecocichla)
- Oenanthe phillipsi
- Oenanthe moesta
- Oenanthe melanura (antes en Cercomela)
- Oenanthe familiaris (antes en Cercomela)
- Oenanthe scotocerca (antes en Cercomela)
- Oenanthe dubia (antes en Cercomela)
- Oenanthe fusca (antes en Cercomela)
- Oenanthe picata
- Oenanthe leucura (especie tipo) (pedreiro negro)
- Oenanthe lugubris
- Oenanthe leucopyga (pedreiro de barrete banco)
- Oenanthe albonigra
- Oenanthe finschii
- Oenanthe halophila[9]
- Oenanthe lugens
- Oenanthe warriae[9]
- Oenanthe lugentoides
- Oenanthe xanthoprymna
- Oenanthe chrysopygia
Comportamento
[editar | editar a fonte]Os pedreiros son insectívoros territoriais de campo aberto e a miúdo seco. Adoitan nidificar en gretas das rochas ou toqueiras abandonadas por outros animais. As especies do norte son migrantes de longa distancia, pasando o inverno en África.
Rexistro fósil
[editar | editar a fonte]- Oenanthe kormosi (Mioceno tardío de Polgardi, Hungría) [10]
- Oenanthe pongraczi (Plioceno de Csarnota, Hungría) [10]
Notas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oenanthe ![]() |
- ↑ "Muscicapidae". aviansystematics.org. The Trust for Avian Systematics. Consultado o 2023-07-15.
- ↑ Mayr, Ernst; Paynter, Raymond A. Jr, eds. (1960). Check-list of Birds of the World 10. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. p. 121.
- ↑ Vieillot, Louis Pierre (1883) [1816]. Saunders, Howard, ed. Vieillot's Analyse d'une nouvelle ornithologie élémentaire (en francés). Londres. p. 43.
- ↑ 4,0 4,1 Outlaw, R.K.; Voelker, G.; Bowie, R.C.K. (2010). "Shall we chat? Evolutionary relationships in the genus Cercomela (Muscicapidae) and its relation to Oenanthe reveals extensive polyphyly among chats distributed in Africa, India and the Palearctic". Molecular Phylogenetics and Evolution 55 (1): 284–292. Bibcode:2010MolPE..55..284O. PMID 19772925. doi:10.1016/j.ympev.2009.09.023.
- ↑ Aliabadian, M.; Kaboli, M.; Förschler, M.I.; Nijman, V.; Chamani, A.; Tillier, A.; Prodon, R.; Pasquet, E.; Ericson, P.G.P.; Zuccon, D. (2012). "Convergent evolution of morphological and ecological traits in the open-habitat chat complex (Aves, Muscicapidae: Saxicolinae)". Molecular Phylogenetics and Evolution 65 (1): 35–45. Bibcode:2012MolPE..65...35A. PMID 22634240. doi:10.1016/j.ympev.2012.05.011.
- ↑ Sangster, George; Collinson, J. Martin; Crochet, Pierre-André; Knox, Alan G.; Parkin, David T.; Votier, Stephen C. (2013). "Taxonomic recommendations for Western Palearctic birds: ninth report". Ibis 155 (4): 898–907 [903]. doi:10.1111/ibi.12091.
- ↑ Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. p. 280. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Gill, Frank; Donsker, David; Rasmussen, Pamela, eds. (xaneiro de 2023). "Chats, Old World flycatchers". IOC World Bird List Version 13.1. International Ornithologists' Union. Consultado o 7 de febreiro de 2023.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 "Species Updates – IOC World Bird List" (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2021.
- ↑ 10,0 10,1 Kessler, E. 2013. Neogene songbirds (Aves, Passeriformes) from Hungary. – Hantkeniana, Budapest, 2013, 8: 37–149.