Pedicelo (arácnidos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Pedículo")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Nalgúns grupos de arácnidos (amblipixios, palpígrados, arañas) chámase pedicelo ou pedículo ao primeiro segmento do opistosoma, que é moi curto e delgado, e une o prosoma ao opistosoma.[1]

O pedicelo é moi flexíbel, o que permite que as arañas poidan mover o abdome en todas as direccións e así, por exemplo, facer xirar as sedas sen mover o cefalotórax. Esta cintura é o somito prexenital, e se perdeu na maioría dos membros dos arácnidos (nos escorpións só se pode ver nos embrións).

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo pedicelo é unha adaptación do latín científico pedicellus, relacionado co latín pediculus, 'pé pequeno' (e 'piollo'), diminutivos ambos os dous de pēs, pedis, 'pé'.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Garrido, Carlos (1997): pedicelo (Arthropoda:Arachnida), en Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruña: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1.
  2. pedicel, 2º acep. en Dictionary.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]