Palpígrados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palpígrados
Palpigradi

Rango fósil: cretáceo tardío – actualidade

Eukoenenia spelaea
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Chelicerata
Clase: Arachnida
Orde: Palpigradi
Thorell, 1888
Familias e Xéneros
Véxase o texto

A dos palpígrados (Palpigradi) é unha pequena orde de arácnidos depredadores que comprende unhas 80 especies.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Son de tamaño diminuto (non miden máis de 3 mm) e áchanse en todo o mundo, excepto nas zonas polares.[2]

Parecen esquizómidos en miniatura porque, como eles, teñen o opistosoma terminado nun longo flaxelo multiarticulado.

A súa cutícula é moi fina, teñen os quelíceros formados por tres artellos acabados en quelas (pinzas) e os pedipalpos son similares a patas. Carecen de ollos, aparato respiratorio e tubos de Malpighi, e os aparatos circulatorio e reprodutor están moi simplificados.

Os palpígrados son endoxeos (solo) ou hipoxeos (covas), hábitats onde encontran a humidade que requiren. Aliméntanse de pequenos habitantes do solo, como colémbolos e ácaros.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A orde foi descrita en 1888 polo aracnólogo sueco Tord Tamerlan Teodor Thorell na súa obra:

Thorell, Tord T. T. (1888): "Pedipalpi e Scorpioni dell'Arcipelago Malese conservati nel Museo Civico di Storia Naturale di Genova". Annali del Museo Civico di Storia Naturale di Genova 26, ser. 2, (6): 327–428.[3]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Palpigradi está formado polos elementos do latín científico palp-, derivado do latín palpus, 'palpo' (derivado do verbo palpare, 'palpar', 'tocar') e -gradi, do plural de gradus, 'paso', 'marcha', unbidos cun -i- epentético para facilitar a pronuncia.[4]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Segundo J. Hallad (2005) e o ITIS a orde comprende unha superfamilia con dúas familias, cun total de seis xéneros:[5][6]

  • Orde Palpigradi Thorell, 1900

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Chapman, A. D. (2007): Numbers of Living Species in Australia and the World. Invertebrates. A Report for the Department of the Environment and Heritage. Australian Biodiversity Information Services, Toowoomba, Australia. ISBN (online) 978 0 642 56850 2". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2009. Consultado o 28 de marzo de 2017. 
  2. Peter Ax (2000). "Palpigradi – Holotracheata". Multicellular animals. The phylogenetic system of the Metazoa. Volume II. Springer. pp. 120–121. ISBN 978-3-540-67406-1. 
  3. GBIF.
  4. Palpigradi no Merriam-Webster Dictionary.
  5. Hallan, J. (2005): "Synopsis of the Described Palpigradi of the World". En: Hallan, J. (ed.) Biology Catalog. Ler en liña en: Palpigradi Arquivado 13 de agosto de 2014 en Wayback Machine. Consultada o 28-03-2017.
  6. Palpigradi Thorell, 1888 no ITIS.
  7. Eukoenenioidea Petrunkevitch, 1955 no ITIS.
  8. Eukoeneniidae Petrunkevitch, 1955 no ITIS.
  9. Prokoeneniidae Condé, 1996] no ITIS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Roth, V. D. & Brown, W. L. (1976): "Other intertidal air breathing arthropods" en: Cheng, L. Marine Insects. North-Holland Publishing, Amsterdam - Oxford; American Elesevier Publishing, Nova York. Ler en liña en: Marine Insects, Lanna Cheg, ed.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]