Paíño de rabo gallado
Paíño de rabo gallado | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Hydrobates leucorhous (Vieillot, 1818) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
O paíño de rabo gallado (Hydrobates leucorhous) é unha ave da familia Hydrobatidae.
Características
[editar | editar a fonte]Caracterízase pola súa cor semellante á do tisne, a súa mancha de cor branca na parte superior á cola, e polas súas pequenas dimensións: mide 20 cm de lonxitude, 45 cm de envergadura e pesa tan só 45 g.
Vive en mar aberto, penetrándose só na costa para criar, e, aínda así, de noite. Durante as treboadas pode ser arrastrado a terra.
O seu niño é unha cavidade entre as rochas; un membro da parella chóca o ovo, mentres o outro está no mar. Só aniña unha vez ao ano, de abril a xullo, poñendo un único ovo.
Aliméntase de medusas, invertebrados mariños e restos de peixes.
Cría nas illas do noroeste de Europa. É propio do océano Atlántico norte, mais escaso no mar do Norte.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Oceanodroma leucorhoa |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Oceanodroma leucorhoa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hume, Rob (2002). Guía de campo de las aves de España y Europa. Ediciones Omega. ISBN 84-282-1317-8.