Paz Moreno Feliu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paz Moreno Feliu
Paz Moreno Feliu.jpg
Nome completoPaz Moreno Feliu
Nacemento1950
 Betanzos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónantropóloga
IrmánsBelén Feliú
editar datos en Wikidata ]

Paz Sofía Moreno Feliu, nada en Betanzos en 1950, é unha antropóloga galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É catedrática de Antropoloxía Social na UNED. Levou a cabo traballo de campo en Galiza e o norte de Portugal e investigacións acerca de diversos problemas da Antropoloxía Económica.

Froito desas investigacións son as seguintes obras:

  • "«Poxas»: porcos e santidade: o San Antonio do Monte" (1984). En Actas do II Coloquio de Antropoloxía. Santiago de Compostela. Museo do Pobo Galego, pp. 215–221.
  • Traballos comunais no mundo rural: o sistema de axudas en Campo Lameiro.
  • Da ficción do matriarcado á economía informal: modelos e relacións de xénero na cultura galega.

Tamén é autora de diversas publicacións sobre o racismo, os xenocidios e as condicións de vida na situación extrema dos campos de concentración, como Racismo, Heterofobia y Nacionalismo, Voces de Auschwitz, Sin parientes, La Economía Política del Exterminio, Introducción a los genocidios: una aproximación a la violencia comunal en el genocidio ruandés e En el corazón de la zona gris: Una lectura etnográfica de los campos de Auschwitz.

Editou o libro póstumo de Karl Polanyi El sustento del hombre, e xunto a Susana Narotzky, un volume monográfico sobre La reciprocidad, ademais de varios artigos, coma "Reciprocity’s Dark Side: Reciprocity, Morality and Social Theory".

É irmá da escritora Belén Feliú.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Análisis del cambio en las sociedades campesinas. Un caso de estudio: Campo Lameiro (Pontevedra), 1982.
  • ¿El dinero?, 1991.
  • Entre las gracias y el molino satánico. Lecturas de antropología económica, 2005.
  • En el corazón de la zona gris. Una lectura etnográfica de los campos de Auschwitz, 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]