Pax Iulia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pax Iulia era o nome da cidade de Beja, Portugal, no tempo do dominio romana da Península Ibérica. Consonte os achados arqueolóxicos do seu termo, Pax Julia foi unha importante cidade durante a romanización do territorio da antiga Lusitania.

Foi bautizada con ese nome para celebrar a pacificación da Lusitania. O nome Iulia débese ao feito de ser Xulio César o autor desa paz. De igual modo, o emperador Augusto denominou esta importante cidade Pax Augusta, prevalecendo no entanto a denominación inicial. Foi tamén denominada Civitas Pacensis.

As primeiras referencias á cidade aparecen no século II a.C. en textos de Polibio e de Tolomeo.

Foi sede dun conventus iuridicus (circunscrición xurídica). Pouco despois da súa fundación, tivo dereito itálico. A súa importancia é atestada polo feito pasar por ela unha das vías romanas.

Do período romano fican algunhas inscricións, esculturas, cipos, obxectos en cerámica e vestixios dun acueduto que pasa preto da Igrexa do Pé da Cruz. O trazado urbanístico revela trazas do plano en dameiro tradicional nas cidades romanas. Na época romana, había tamén templos, dedicados a Isis, Serapis e Diana.

Os suevos e os visigodos dominaran esta cidade despois da caída do Imperio Romano, tornándoa sé de bispado. Nesta altura pasa a cidade a denominarse Paca, provindo o nome actual do árabe Bexa ou Baja.

O castelo foi orixinalmente edificado polos romanos, se ben ten sido obxecto de frecuentes reconstrucións.