Patrick Makau Musyoki
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de marzo de 1985 (39 anos) Manyanzwani |
País de nacionalidade | Kenyata |
Actividade | |
Ocupación | atleta fondista |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | Maratón Medio maratón |
Patrick Makau Musyoki, nado en Manyanzwani o 2 de marzo de 1985, é un corredor de longa distancia kenyano, actual plusmarquista mundial do maratón.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fondista dedicado a carreiras de rúa, máis especialmente de medio maratón e maratón, ten o cuarto tempo do mundo na primeira modalidade (58' 52"), marca conquistada en Ras al-Khaimah, nos Emiratos Árabes Unidos, en febreiro de 2009.
Con grandes resultados no medio maratón entre 2005 e 2009, ese ano Makau comezou a disputar o maratón, comezando no maratón de Rotterdam co excelente tempo de 2h 06' 14" e o cuarto posto. Ó ano seguinte, volveu a Rotterdam e venceu a proba esta vez en 2h 04' 48", a mellor marca do ano e a entón cuarta mellor marca da historia, e conseguiu nova vitoria no maratón de Berlín, con 2h 05' 08".
O 25 de setembro de 2011, Makau volveu disputar o maratón de Berlín e venceu a proba por segunda vez, establecendo nova marca mundial de 2h 03' 38", 21 segundos máis rápido que a marca anterior do etíope Haile Gebrselassie, tamén conquistada en Berlín, en setembro de 2008. Gebrselassie, que tamén disputou a proba mais desistiu no km 35 debido a problemas de respiración, viu o seu antigo récord mundial ser quebrado polo kenyano, encerrando unha era de máis de 20 anos de dominio do etíope, considerado o máis grande fondista da historia do atletismo, en probas de longa distancia.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Makau, récord del mundo de maratón". El País (en castelán). 2011-09-25. ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-03-28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patrick Makau Musyoki |