Pasacondía, Cerqueda, Malpica de Bergantiños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pasacondía
ParroquiaCerqueda
ConcelloMalpica de Bergantiños
Poboación182 hab. (2018)
editar datos en Wikidata ]

Pasacondía é un lugar da parroquia de Cerqueda no concello coruñés de Malpica de Bergantiños na Comarca de Bergantiños. Xunto co lugar da Aldeola tiña 182 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 86 homes e 96 mulleres.

Nome[editar | editar a fonte]

Hai varias lendas para explica-la orixe do nome, unha delas di que era un lugar encantado e que unha bruxa prohibiu que a xente atravesase o lugar de noite, xa que recibiría un maleficio ou incluso a morte.

Outras explicacións, máis mundanas, afirman que Pasacondía debe o seu nome ó mal estado das corredoiras, xa que nun principio era unha zona de leiras e de agras, aínda que foron empezando a construírse algunhas casas polos anos 20.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Cerqueda[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Cerqueda no concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña)

A Aldeola | Algadán | Ardeleiro | Arixón | Os Barreiros | A Campela | Canelas | O Ceán | Cerqueda | As Cortes | Filgueira | A Fonte dos Bois | O Gomoroto | As Labradas | A Lagoa | Leduzo | Loroxo | Pasacondía | O Pazo | As Pozacas | Os Resíos | Taraio | A Telleira | O Tormeán

Parroquias de Malpica de Bergantiños[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Malpica de Bergantiños

Barizo (San Pedro) | Buño (Santo Estevo) | Cambre (San Martiño) | Cerqueda (San Cristovo) | Leiloio (Santa María) | Malpica de Bergantiños (San Xulián) | Mens (Santiago) | Vilanova de Santiso (San Tirso)