Partido da Nación Corsa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido da Nación Corsa
Partitu di a Nazione Corsa (PNC)
Partido político de Córsega
Dirixentes e organización
LíderJean-Christophe Angelini
Historia
Fundación7 de decembro de 2002
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo corso
Socialdemocracia
Autonomismo
Esquerda
Representación
Asemblea de Córsega
7 / 63
Parlamento Europeo
1 / 79
Outros datos
Sede5 Bd de Montera, 20200 Bastia
Na rede
www.p-n-c.eu

O Partido da Nación Corsa (en corso: Partitu di a Nazione Corsa) é un partido político nacionalista e autonomista[1][2] de Córsega. Foi fundado en Corte en 2002 por membros de tres partidos nacionalistas, Unión do Pobo Corso (UPC), A Scelta Nova e A Mossa Naziunale.

O PNC busca a autonomía para Córsega, non a total independencia. Rexeita as accións violentas da Fronte de Liberación Nacional de Córsega. Forma parte da coalición autonomista Femu a Corsica ("Fagamos Córsega"), que agrupa tres partidos minoritarios, xunto con A Chjama e Inseme per a Corsica, e formaron o partido en 2017.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]