Partido Corso Autonomista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido Corso Autonomista
Partitu Corsu Autonomistu
Partido político desaparecido de Córsega
Dirixentes e organización
LíderPetru Rocca
Historia
Fundación1927
Disolución1939
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo corso
Autonomismo
Irredentismo (1936-1939)
PublicaciónA Muvra

O Partido Corso Autonomista (en corso: Partitu Corsu Autonomista, PCA; en francés, Parti Corse Autonomiste) foi un partido político nacionalista corso e autonomista fundado en 1927 como unha refundación do Partido Corso de Acción (PCdA),[1] fundado e dirixido por Petru Rocca no 1922.

Historia[editar | editar a fonte]

Este novo partido tiña un programa máis preciso que o seu predecesor, aínda que moi ambiguo a nivel socieconómico, como mostraba o panfleto de S. Malaspina A nostra santa fede. Catechismu corsu. Afrimaban que Córsega é unha nación cun pasado glorioso (nacionalidade definida pola historia, lingua e raza), que entrou en decadencia per pola invasión francesa, pero que podía renacer coa aplicación dos 14 puntos de Woodrow Wilson, e mediante a autonomía política. Dende 1932, o PCA foi infiltrado por sectores irredentistas pro-italianos, financiados pola ditadura fascista de Benito Mussolini.

O PCA intentou mostrarse neutral fronte ao irredentismo e celebrou en 1934 uns Estados Xerais de Córsega en Aiacciu, que repetirían no ano seguinte na cidade de Bastia. Estes actos tiñan coma principal intención recuperar as antigas asembleas da época xenovesa ou das "cunsulte" do século XVIII. No marco dos Estados Xerais, Petru Rocca propuxo a elaboración dunha Constitución corsa e a declaración da "resistencia fiscal" contra Francia.

Porén, cando Italia fixo oficial a súa reclamación territorial sobre Córsega a partir de 1936, o PCA comezou a apoiar o irredentismo. Isto provocaría a súa ilegalización e o peche de "A Muvra" en 1939.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Partitu Corsu Autonomista (PCA) — France Politique". www.france-politique.fr. Consultado o 2023-06-14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]