Partido Único Gorani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido Único Gorani
Dirixentes e organización
LíderAdem Hodža
Posicións políticas
Ideoloxíaminoría gorani
Outros datos
Na rede
jedinstvenagoranskapartija.com

O Partido Único Gorani (JGP) (o seu nome oficial é en serbio: Jedinstvena Gornaska Partija e tamén se coñece pola súa forma en albanés: Partia Unike Gorane) é un partido político de Kosovo.

Posicións políticas[editar | editar a fonte]

O obxectivo do partido é preservar a identidade dos gorani en Kosovo, mellorar a súa posición no seo da sociedade e promover activamente os seus valores culturais[1]. Entre as súas reivindicacións está o establecemento do de Gora, onde viven tradicionalmente os goranis de Kosovo, como unha unidade administrativa local propia (concello)

Historia[editar | editar a fonte]

A Comisión Electoral de Kosovo rexistrouno o 12 de maio de 2014 .[2] En 2018 o Centro de Unión Democrática de Hamza Bale integrouse no partido [3].

Representación[editar | editar a fonte]

Adem Hodža, fundador e líder do Partido Único Gorani

Dende a súa fundación, o Partido Único Gorani gañou tres veces o escano reservado á minoría gorani na Asemblea da República de Kosovo, primeiro nas eleccións parlamentarias de Kosovo de 2017, ao se facer con 2 369 votos dos 4.202 emitidos pola comunidade gorani[4], logo en 2019 logrou 1.159 dos 2.639 da comunidade gorani [5] e en 2021 fíxose con 2161 votos fronte aos 1010 do seu rival da Coalición Xuntos que estableceu a Iniciativa Cívica de Gora.

O Partido Único Gorani forma parte da maioría parlamentaria na Asemblea da República de Kosovo e está representado no Goberno de Kosovo cun viceministro. A nivel de goberno local, participou nas eleccións municipais no municipio de Dragaš e logrou 2 dos 27 escanos da Asemblea local en 2017 [6]e máis en 2021 [7].

Resultados electorais[editar | editar a fonte]

Eleccións parlamentarias[editar | editar a fonte]

Asemblea de Kosovo
Ano Voto popular % de votos Escanos Escanos reservados para os gorani +/–
2017 2.369 0,33 %
1 / 120
1 / 1
Crecente (crecemento) 1
2019 1.159 0,14 %
1 / 120
1 / 1
2021 2.161 0,25 %
1 / 120
1 / 1

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Politicka Deklaracja Jedinstvena Gornaska Partija" (PDF). 21 de agosto de 2017. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de febreiro de 2020. 
  2. "Registrovana Jedinstvena goranska partija". KIM radio (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2020. Consultado o 2023-03-03. 
  3. "Centar demokratske unije se integriše u Jedinstvenu goransku partiju". Novosti.rs. 20 de febreiro de 2018. 
  4. Kosovo Parliamentary Elections Results 2017
  5. Kosovo Parliamentary Elections Results 2019
  6. OSCE Municipal Profile Dragash results
  7. "Zgjedhjet për Kuvende Komunale 2021". Komisioni Qendror i Zgjedhjeve.