Parque de San Lázaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Parque de San Lázaro, Ourense»)

Coordenadas: 42°20′29″N 7°51′50″O / 42.341436111111, -7.8638027777778

Parque de San Lázaro.

O Parque de San Lázaro, situado no centro da cidade de Ourense, ocupa unha planta trapezoidal distribuída en dous niveis e organizada en rúas con bancos, rodeados de abundante vexetación arbórea.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O parque caracterízase por ter unha estatua enorme, esculpida no ano 1951 por Francisco Asorey, en recordo ás vítimas nacionais da Guerra civil española. O pedestal, situado na principal entrada do parque, representa un anxo caído que ten unha coroa de loureiro entre as súas mans.

Fonte principal de corte barroco

No contorno do parque desenvólvese, xunto aos edificios administrativos, a principal actividade comercial e económica da cidade. Antigamente foi lugar do hospital de peregrinos, o lazareto, de aí a procedencia do seu nome. En honor a San Lázaro existiu unha capela que logo foi trasladada ó barrio do Peliquín.

Hoxe encóntrase a Igrexa de San Francisco que foi construída no século XIV no alto da cidade. No ano 1929 trasladouse, pedra a pedra, ó Parque de San Lázaro. A fachada de Igrexa caracterízase por ter na parte superior do corpo un rosetón, e a porta, decorada con triplo arquivolta. A entrada está decorada por un gaiteiro.[1]

O parque foi durante un tempo un campo da feira e, pouco a pouco, foi reducido pola construción de novos edificios, especialmente pola construción do Goberno Civil (Subdelegación do Goberno) e pola Torre de Ourense (Hotel San Martín), durante anos símbolo da cidade.

Este parque ten un día tradicional en que se celebra a festa de San Lázaro en honor ó santo. Ese día comeza a procesión do santo acompañado do son dos gaiteiros e cabezudos. Tamén se colocan os tradicionais postos de rosquillas diante do parque. Para rematar a festa realízase unha queima de «Madamitas», que son pequenas figuras que xiran en torno dun eixe e son totalmente destruídas polas repetidas explosións dos petardos que se aloxan no seu interior.[2]

Por outra banda, destaca o monumento O Carrabouxo, que se encontra na parte superior en honor o caricaturista Xosé Lois González Vázquez, pai do personaxe famoso pola viñeta humorística do xornal local La Región. A escultura é obra de César Lombera (1992).

O parque dispón dunha zona de xogos infantís distribuídas por idades e unha fonte instalada no centro.

A fonte foi traída do Mosteiro de Santa María de Oseira para ao Xardín do Posío e logo ó parque San Lázaro, onde chegou en mal estado. Esta caracterízase por ter un gran vaso inferior, polo que saen chorros cara ao centro e toda ela está rodeada dunha plataforma de granito. Onde está situada dispón duns bancos para sentar.[3]

Fronte ó parque encóntrase a escultura de Antonio Colemán e Estanislao Reverter apoiados nun coche, facendo homenaxe a 45º edición de Rally de Ourense. A obra foi realizada polo artista Ramón Conde.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]