Parque Nacional Hardangervidda
Aparencia
O parque nacional Hardangervidda atópase en Noruega, nas rexións de Hordaland, Buskerund e Telemark.
Características
[editar | editar a fonte]O parque foi creado no 1981 e protexe 342.000 hectáreas de terreo. As maiores elevacións son os picos de Berakupen (1530 metros),Sandfloegga (1719 metros) e Storfjell (1484 metros).
Vexetación e fauna
[editar | editar a fonte]O hábitat predominante é a tundra ártica, con presenza salientable de flores árticas, coma a saxífraga morada ou a dríade (Dryas octopetala). Alberga a maior poboación salvaxe de reno de toda Europa. Outros mamíferos son o raposo ártico e o lemming. As aves tamén están presentes coma a aguia real, o bufo nival ou o papoazul.