Paraxís, Valboa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaParaxís, Valboa

Localización
Mapa
 42°43′N 6°57′O / 42.72, -6.95Coordenadas: 42°43′N 6°57′O / 42.72, -6.95
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de León Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal24525 Editar o valor em Wikidata

Paraxís (Parajís en castelán e oficialmente) é unha aldea do concello leonés de Valboa, na bisbarra do Bierzo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística, en 2019 tiña un habitante. É famosa pola imaxe do demo conservada na ermida do Anxo da Garda, coñecida como O Demín, que se encontra a carón da imaxe do Anxo da Garda. A ambas as dúas gárdaselles gran respecto e existen varias lendas sobre elas e o seu significado[1]. Unha delas transcríbese en dialecto berciano no libro El Bierzo de Julio Álvarez Rubio[2]. A antigüidade da imaxe do Demín é incerta, se ben nesa versión da lenda recóllese que "(...) e tanto! Ao parecer, xa estaba aiquí non tempo dos mouros".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O demín de Paraxís. Mitos, lendas e contos galegos". galiciaencantada.com. Consultado o 2020-11-17. 
  2. El Bierzo, Julio Álvarez Rubio ISBN 978-84-8012-652-6