París de Noia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
París de Noia
Actuación en Muros, 2017
OrixeNoia, Galicia Galiza
Período1957 - actualidade
Xénero(s)Orquestra
Na rede
parisdenoia.es

París de Noia é unha das orquestras de variedades máis importantes de Galicia xunto con outras como orquestra Panorama, Olympus ou Charleston Big Band. Foi fundada no ano 1957 polo acordeonista Joaquín García Piñeiro xunto con outros once membros e Constantino Pego, “O Xitano”.

Historia[editar | editar a fonte]

Comezou a súa andaina amenizando festexos e verbenas da zona da Coruña, mais axiña se foi estendendo ó resto da xeografía galega e tamén fóra de Galiza. No ano 1981, Miguel A. García Souto, o fillo de Joaquín, asume o liderado da banda, incorporándose tamén o seu irmán Kin e unha nova voz, a do cantante Blas. É a partir desta época cando a traxectoria musical de París de Noia ascende dun xeito tal que se converte nunha das orquestras máis coñecidas do panorama festeiro galego. Dende 1995 está representada pola axencia Espectáculos Lito, de Ángel Martínez Pérez, encargada da contratación.

Compoñentes[editar | editar a fonte]

Actualmente o cadro de persoal da orquestra está formada por 14 músicos, 2 bailaríns, un técnico de son, dous técnicos de iluminación e 6 técnicos de montaxe.[Cómpre referencia]

Temporada 2022[editar | editar a fonte]

  • Voces: Genma Lareo, Lucía Sánchez, Oliver Pérez, Zeus RB e Santi Pulido.
  • Bailaríns: Anthony Rivera, Melissa López, Cristina Díaz e Camilo Moreno
  • Trompetas: Juan Carlos e Lázaro GDaniel.
  • Trombón (e pianista secundario): Edward Machado.
  • Saxofón: Leandro Cruz.
  • Piano principal: Joseph Ruiz.
  • Guitarra: Diego Moreira.
  • Baixo: Janet Pérez.
  • Violín: Pedro García.
  • Batería: Amaury Quintero.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]