A papuxa gabián ten unha lonxitude duns 15cm e pesa uns 30 gramos. O corpo enteiro é de cor gris exceptuando a parte inferior máis clara e barrada, similar ó deseño dos gabiáns. Ollos amarelos. Os machos e femias non presentan diferenzas morfolóxicas. Habita en zonas de matogueiras, alimentándose de insectos, bagas e arañas.
A época de cría vai dende maio a xullo, consistindo a posta en 5 ou 6 ovos. O tempo de incubación sitúase ó redor dos 14 días, permanecendo os polos preto de 15 días no niño.
C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís e Atocha Ramos Martínez: 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons: Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. (en castelán)
Nicolai, Singer, Wothe: Gran Guía de la Naturaleza AVES. Editorial Everest, s.a. (en castelán)