Paolo Ruffini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paolo Ruffini
Ruffini paolo.jpg
Nacemento22 de setembro de 1765
 Valentano
Falecemento10 de maio de 1822
 Módena
NacionalidadeItalia
Ocupaciónmatemático e médico
editar datos en Wikidata ]

Paolo Ruffini, nado en Valentano o 22 de setembro de 1765 e finado en Módena o 10 de maio de 1822, foi un matemático e médico dos Estados Pontificios.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do médico da súa cidade natal, graduouse na universidade de Módena no ano 1788, onde cursou medicina, filosofía, literatura e matemáticas.

Na universidade aprendeu cálculo de Paolo Cassiani e xeometría de Luigi Fantini. No mesmo ano da súa graduación foi nomeado profesor na universidade de Módena e no 1791 acadou o permiso para exerceren coma médico.

No ano 1798 viuse na obriga de deixar a cátedra ó se negar a xurar fidelidade á República Cisalpina, creada un ano antes. Ó seren derrotadas as tropas napoleónicas polas tropas austríacas, foi reposto no seu cargo no 1799. Por volta do 1814 foi nomeado reitor da Universidade de Módena por Francisco IV de Módena.[2]

Ó se declarar unha epidemia de tifo no ano 1817 encargouse persoalmente da atención de pacientes, co que aproveitaba para estudar a enfermidade e ir adquirindo coñecementos que foron publicados nun libro no ano 1820. Neste proceso el mesmo foi infectado pola enfermidade e tivo que deixar o traballo de campo e renunciar á cátedra de médicina clínica, unha das que exercía.

Está enterrado na igrexa de Santa Maria di Pomposa, entre os túmulos de Carlo Sigonio e Ludovico Antonio Muratori.[3][4]

Logros matemáticos[editar | editar a fonte]

Paolo Ruffini pasou á historia como matemático sendo o descubridor dun método que permite atopar os coeficientes do polinomio resultante da división dun polinomio polo binomio . Este método é coñecido como método de Ruffini.[5] Tamén demostrou a imposibilidade da solución xeral das ecuacións alxébricas de graos superiores ó cuarto, sendo este traballo corrixido e mellorado logo polo noruegués Niels Henrik Abel.

Obras[editar | editar a fonte]

Teoria generale delle equazioni, 1799
  • Teoria Generale delle Equazioni, in cui si dimostra impossibile la soluzione algebraica delle equazioni generali di grado superiore al quarto (1799)
  • Riflessioni intorno alla rettificazione ed alla quadratura del circulo (1802)
  • Della soluzione delle equazioni algebraiche determinata partocolari di grado sup. al 4º (1802)
  • Sopra la determinazione delle radici nelle equazioni numeriche di qualunque grado (1804)
  • Della immortalità dell’anima (1806)
  • Algebra elementare (1807)
  • Memoria sul tifo contagioso (1820)
  • Riflessioni critiche sopra il saggio filosofico intorno alle probabilità del signor conte Laplace (1821)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografía". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2017. Consultado o 20 de maio de 2018. 
  2. Paolo Ruffini, un gran matemático ignorado (en castelán)
  3. Divulgamat
  4. Universalis
  5. Synthetic Divison

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]