Panzer II
Panzer II | |
---|---|
Tipo | carro lixeiro |
Orixe | Alemaña ![]() |
Servizo | 1936 - 1945 |
Guerras | Segunda Guerra Mundial |
Deseñado | 1934 |
Producido | 1935 - 1943 |
Construídos | 1.856 |
Panzer II é o nome común usado para unha familia de carros de combate alemáns empregados na Segunda Guerra Mundial. A designación oficial alemá era Panzerkampfwagen II (abreviado como PzKpfw II).
Aínda que o vehículo foi orixinalmente deseñado como un recurso provisional mentres se desenvolvían carros máis grandes e avanzados, while larger, este pasou a xogar un importante papel nos primeiros anos da guerra, durante as campañas de Polonia e Francia. O Panzer II foi o carro máis numeroso nas divisións Panzer e foi tamén usado tanto no norte de África contra os británicos, como na fronte leste contra a Unión Soviética.
O Panzer II foi complementado polos Panzer III e IV cara 1940/1941. A partir de entón, empregouse con grande éxito como carro de recoñecemento. Cara finais de 1942 foi retirado en gran parte da liña de fronte e usouse para o adestramento e en frontes secundarios. A fabricación do Panzer II rematou en 1943, pero o seu chasis seguiu sendo usado como base para varios vehículos blindados, principalmente para artillería autopropulsada e cazacarros como o Wespe e o Marder II.