Pampillo amarelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O pampillo (ou pampullo) amareloGlebionis segetum[1] (sin. Chrysanthemum segetum), é unha especie de planta do xénero Glebionis, probablemente nativa unicamente da rexión mediterránea oriental pero agora naturalizada en Europa occidental e do norte así como na China e partes de América do Norte.[2][3][4][5] 

Glebionis segetum incluíase anteriormente no xénero Chrysanthemum, pero tras unha decisión no Congreso Internacional de Botánica de 1999, este último xénero redefiniuse para incluír soamente aos crisantemos de importancia económica en floraría.

Glebionis segetum é unha planta herbácea perenne que crece ata 80 cm de alto, con follas lobuladas de 5 a 20 cm de lonxitude dispostas en espiral. As flores son de cor amarela brillante, organizadas en capítulos de 3,5 a 5,5 cm de diámetro.[6]

Glebionis segetum está amplamente naturalizada fóra da súa área nativa, xa que colonizou Europa occidental e central coa agricultura humana temperá. Pode ser unha mala herba invasiva nalgunhas áreas. Así, parece que debeu de ser unha praga importante na Escocia do século XIII, como suxire unha lei de Alexandre II que establece que aquel granxeiro que permita unha soa planta producir semente entre o seu gran, será multado polo valor dunha ovella.[7]

En Creta e Grecia, as follas e brotes tenros dunha variedade chamada neromantilida (νερομαντηλίδα) cómense crus en ensaladas ou salteados en aceite de oliva.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009
  2. "The Plant List: A Working List Of All Plants". 
  3. "Glebionis segetum in Flora of China @ efloras.org". www.efloras.org. Consultado o 2016-05-02. 
  4. "Glebionis segetum [Crisantemo campestre]". luirig.altervista.org. Consultado o 2016-05-02. 
  5. "Biota of North America Program 2014 County distribution map". 
  6. Flora of North America, Glebionis segetum (Linnaeus) Fourreau, 1869.
  7. Dalrymple, Sir David (1776).
  8. Kleonikos G. Stavridakis , Κλεόνικος Γ. Σταυριδάκης (2006).