Palazzo Montecitorio
O Palazzo Montecitorio é un palacio en Roma e a sede da Cámara dos Deputados de Italia.
Historia
[editar | editar a fonte]A súa construción foi iniciada por Gian Lorenzo Bernini, baixo o papa Inocencio X, pero foi rematado por Carlo Fontana que modificou o proxecto de Bernini engadindo un campanario. En 1696, estabelecéronse no palacio os tribunais pontificios. A continuación foi a sede da Gobernadoría de Roma e a Dirección da policía.
Coa Unificación de Italia, en 1870 o palacio adquiriu a súa utilidade actual de sede da Cámara dos Deputados e tamén das reunións conxuntas da cámara baixa e alta do Parlamento
O pequeno outeiro no que foi construído o Palazzo Montecitorio orixinouse co verquido de material na Idade Media. A zona fora controlada polos Colonna, despois das loitas dos baróns, foi adaptada a hortas e xardíns, até que, en 1650, os Ludovisi lla deron a Gian Lorenzo Bernini para facer a súa residencia.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Montecitorio Panini de Giovanni Paolo Pannini, c. 1747
-
Praza co obelisco
-
Fachada frontal
-
Fachada de atrás
-
Cámara dos deputados