Padillasaurus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Padillasaurus leivaensis
Rango fósil: 130 Ma-125 Ma
Cretáceo Inferior

As vértebras atopadas de Padillasaurus; no centro, as primeiras vértebras da cola, atopadas articuladas.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Saurischia
Suborde: Sauropodomorpha
Infraorde: Sauropoda
(sen clasif.): Somphospondyli
Xénero: Padillasaurus
Carballido et al., 2015
Especie: Padillasaurus leivaensis
Carballido et al., 2015

Padillasaurus é un xénero extinto de saurópodo titanosauriforme do Cretáceo descuberto na formación Paja, en Colombia. O xénero componse dunha única especie, Padillasaurus leivaensis, soamente coñecida por un esqueleto axial parcial. Inicialmente descrito como un braquiosáurido, considerouse o primeiro braquiosáurido descuberto e descrito en América do Sur. Antes do seu descubrimento, o único material de braquiosáuridos coñecido no continente era moi fragmentario e do período Xurásico.[1] Porén, un estudo máis recente considera que pertence ao clado Somphospondyli.[2]

Filoxenia[editar | editar a fonte]

Brachiosauridae

Padillasaurus

Brachiosaurus

Abydosaurus

Giraffatitan

Venenosaurus

Cedarosaurus

En 2017, un estudo concluíu que Padillasaurus non era un braquiosáurido senón un membro basal de Somphospondyli.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. José L. Carballido; Diego Pol; Mary L. Parra Ruge; Santiago Padilla Bernal; María E. Páramo-Fonseca; Fernando Etayo-Serna (2015). "A new Early Cretaceous brachiosaurid (Dinosauria, Neosauropoda) from northwestern Gondwana (Villa de Leyva, Colombia)". Journal of Vertebrate Paleontology 35 (5): e980505. doi:10.1080/02724634.2015.980505. 
  2. 2,0 2,1 Philip D. Mannion, Ronan Allain & Olivier Moine, 2017, "The earliest known titanosauriform sauropod dinosaur and the evolution of Brachiosauridae", PeerJ 5: e3217