Pablo Tineo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pablo Tineo
Información persoal
Nome Pablo Jesús Rodríguez Fernández
Nacemento 24 de febreiro de 1998
Lugar de nacemento Tinéu
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Covadonga
Número 8
Carreira xuvenil
Tineo
–2017 Oviedo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2017–2018 Avilés 23 (0)
2018–2019 Praviano 29 (2)
2019–2020 Langreo 3 (0)
2021– Covadonga 56 (5)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 15 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Pablo Jesús Rodríguez Fernández, alcumado Pablo Tineo, nado en Tinéu o 24 de febreiro de 1998, é un futbolista español, que xoga como centrocampista no Covadonga, da Segunda División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no Tineo, ata que en idade cadete ingresou na canteira do Real Oviedo.[1][2] Xogou co equipo xuvenil do club ovetense na División de Honra e rematada a súa etapa xuvenil fichou polo Avilés, da Terceira División. Militou unha campaña no clu avilesino e outra no Praviano, antes de dar o salto á Segunda B na tempada 2019/20, cando asinou co Langreo.[1]

En 2020 fichou polo Covadonga, e tras dous anos con problemas de lesións, comezou a destacar durante a tempada 2022/23.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Pablo Tineo se compromete un año más con el CD. Covadonga" (en castelán). 13 de xuño de 2023. Consultado o 15 de novembro de 2023. 
  2. "Pablo Tineo: "Tenemos constancia de que puede que nos hagan un ERTE"" (en castelán). Consultado o 15 de novembro de 2023.