Pablo Rico Couceiro
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1872 Monfero, España |
Morte | 19 de agosto de 1936 (63/64 anos) Ares, España |
Alcalde de Monfero | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Pablo Rico Couceiro, nado en Monfero cara a 1872 e finado en Ares o 19 de agosto de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou a Arxentina, de onde retornou en 1914.[1] Durante a ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Monfero en 1924.[2] Na II República foi militante de Izquierda Republicana. Logo do triunfo do Frente Popular en febreiro de 1936, foi nomeado alcalde de Monfero. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado o 19 de agosto de 1936. O seu cadáver apareceu en Camouco (Ares).
Predecesor: ? |
Alcalde de Monfero 1936 |
Sucesor: ? |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Correo de Galicia, 20-4-1914, p. 1.
- ↑ El Correo Gallego, 26-10-1924, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pablo Rico Couceiro na páxina web Nomes e Voces.