Pablo Padín
Pablo Padín | |
---|---|
Nacemento | 29 de outubro de 1940 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pablo Padín Sánchez, nado en Vigo o 29 de outubro de 1940, é un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Dereito pola Universidade de Madrid. Creou e dirixiu as empresas Dkor, Import e Tukasa. Foi voceiro da UCD na comisión dos 16. Presentouse na lista de Vigueses Independientes Gobernantes (VIGO) encabezada por Leri ás municipais de 1983 foi elixido concelleiro e logo foi tenente de alcalde de Vigo; foi deputado provincial de 1983 a 1987. Logo da disolución da UCD entrou en Coalición Galega. Foi deputado no Parlamento galego por Coalición Galega na II lexislatura e conselleiro de Sanidade. Foi vicepresidente de Coalición Galega. Foi elixido presidente de Terra Galega no Congreso Constituínte de 2006 e reelixido en 2008. En 2012 deixou a presidencia efectiva do partido quedando en presidente de honra.
Predecesor: Xosé María Hernández Cochón |
![]() Conselleiro de Sanidade 1987-1990 |
Sucesor: Manuel Montero Gómez |
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Recibiu en 2017 a Medalla do Parlamento de Galicia.