Pablo J. Rañales
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xaneiro de 1999 (25 anos) Mugardos, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | escritor , xornalista |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Premios
| |
Pablo Javier Rañales Pérez, coñecido como Pablo J. Rañales, nado en Mugardos o 25 de xaneiro de 1999, é un xornalista e escritor galego.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Graduouse en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela (USC), co Mestrado en Medios sociais e Creación de Contidos Dixitais da Universidade de Vigo.
Publicou o conto Amor imperfecto na revista norteamericana Contrapuntos V: The Gaze. Foi profesor de escritura creativa e corrector de estilo de La Sonrisa Eterna (Ticha & Mofi Edicións, 2019).[2]
En 2023 gañou o VII Premio Illa Nova de Narrativa con Os afogados.[3]
Obra en castelán[editar | editar a fonte]
- Siervos de tinta (2021). Valhalla Ediciones. 230 páxs. ISBN 978-8412468106. Historia de metaliteratura fantástica. Novela.
- En la chepa del busero (2023). Valhalla Ediciones. 342 páxs. ISBN 978-84-126706-7-7. Novela.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- La Narrativa de Suspense (2015). Editorial Círculo Rojo. Manual teórico sobre a escritura de misterio e terror. ISBN 978-8490957806.
- Seis días para leer y mil noches para soñar (2016). Editorial Círculo Rojo. Conxunto de relatos grupo literario Círculo de Ares.[4] ISBN 978-8491406990.
- Contrapuntos V: The Gaze: Volume 5 (2017). Digitus Indie Publishers; N.º 1. ISBN 978-0998253916.
Obra en galego[editar | editar a fonte]
- Os afogados (2023). Editorial Galaxia. 230 páxs. ISBN 978-84-1176-160-4. Historia de ciencia ficción. Novela.
Premios[editar | editar a fonte]
- 2020: I Premio de Literatura Experimental da Fundación Wenceslao Fernández Flórez.
- 2023: VII Premio Illa Nova de Narrativa con Os afogados.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Pablo Javier Rañales Pérez". www.amazon.es (en castelán). Consultado o 2023-06-13.
- ↑ "Biografías de los miembros del Círculo de Ares". Página Oficial del Círculo de Ares (en castelán). Consultado o 2023-06-13.
- ↑ 3,0 3,1 Sara (2023-06-13). "Pablo Javier Rañales Pérez gaña o VII Premio Illa Nova de Narrativa con "Os afogados"". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-06-13.
- ↑ "Acerca del Círculo de Ares.". Página Oficial del Círculo de Ares (en castelán). Consultado o 2023-06-13.