Pablo Cobián Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de marzo de 1962 (62 anos) Oleiros, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Pablo Cobián Fernández de la Fuente, nado en Oleiros o 22 de marzo de 1962, é un empresario e político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pablo Cobián naceu en Oleiros en 1962. Cursou os seus estudos nos Xesuítas e no Masculino da Coruña. Estudou inglés en Londres, onde deu os seus primeiros pasos profesionais. Ó seu regreso creou a súa propia empresa e completou a súa formación no negocio do seguro e asesoramento de empresas.
Militante de Novas Xeracións desde os anos setenta, foi candidato á alcaldía de Oleiros polo PPdeG en 2003 e 2007 e voceiro municipal do PPdeG. Dende 2007 foi deputado provincial. En 2009 foi elixido deputado do Parlamento de Galicia pola provincia da Coruña. O 4 de outubro de 2011 dimitiu como deputado e concelleiro de Oleiros, logo de que Jorge Dorribo, propietario de Nupel, o vinculase con supostos pagos ilegais, no marco da Operación Campión.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dimite Cobián, diputado del PP, tras la denuncia por cobros ilegales de Nupel". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2011. Consultado o 05 de outubro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía no Parlamento de Galicia Arquivado 26 de setembro de 2010 en Wayback Machine.
- Pablo Cobián, candidato del PP en Oleiros