PSY
PSY | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Park Jae-sang (박재상, 朴載相) |
Data nacemento | 31 de decembro de 1977 (45 anos) |
Nado en | Gangnam-gu |
Ocupación | Cantante, Compositor, Bailarín, Produtor |
Xénero | K-Pop, Pop, Dance, Hip house |
Instrumento(s) | Voz |
Tempo en activo | 1999-presente |
Pseudónimo | PSY |
Na rede | |
http://psypark.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Park Jae-Sang (박재상 en coreano), coñecido artísticamente como PSY (싸이), nado en Seúl o 31 de decembro de 1977, é un artista surcoreano coñecido polos seus videoclips humorísticos e actuacións, entre as que destaca un dúo coa cantante de K-Pop Lee Hyori.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ao longo da súa carreira profesional, apareceu en varios programas televisivos como Good Sunday: X-Man e The Golden Fishery. Durante a súa estancia nos Estados Unidos, estudou música na Universidade de Boston e na Escola de Música Berklee.[1] Actualmente ten asinado un contrato coa discográfica YG Entertainment.
En 2012 deuse a coñecer a nivel internacional pola coreografía do single de música dance/electrónica Gangnam Style ata converterse nun fenómeno de Internet tras ter máis de 1.000 millóns de reproducións e máis de 5 millóns de gústame, desde o 15 xullo en YouTube.[2]
Discografía[editar | editar a fonte]
- Álbums de estudio
- PSY from the PSYcho World! (2001)
- Sa 2/Adult only (2002)
- 3 PSY (2002)
- Sa Jib (Sa House) (2006)
- PSY Five (2010)
- PSY's Best 6th Part 1 (2012)
- Sinxelos
- «Bird»
- «Singosik»
- «Bird 2» (con Kim Hyun-Juk)
- «Champion»
- «Paradise» (con Lee Jae-Hoon)
- «Artists»
- «2 Beautiful Goodbyes» Lee Jae-Hoon)
- «We Are the One»
- «Calling You Because It's Raining»
- «RIGHT NOW»
- «In My Eyes» (con Lee Jae-Hoon)
- «THANK YOU» (con Seo In-Young
- «It's Art»
- «Gangnam Style» (con HyunA)
- «Gangnam Style»
Premios[editar | editar a fonte]
MTV Europe Music Awards[editar | editar a fonte]
Ano | Traballo candidato | Categoría | Resultado |
---|---|---|---|
2012 | "Gangnam Style" | Mellor vídeo | Gañador |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ KBS World (ed.). "PSY". Consultado o 07-08-2012.
- ↑ "Gangnam Style goes viral in rap video". CNN. 02-08-2012.