PSA Peugeot Citroën
Aparencia
(Redirección desde «PSA Peugeot-Citroën»)
Grupo PSA | |
---|---|
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | abril de 1976 |
Localización | París, Francia |
Persoas clave | Carlos Tavares (CEO e Presidente do Consello de Administración) Thierry Peugeot (Presidente do consello de vixilancia) |
Industria | Automóbil |
Produtos | Automóbil, motores |
Número de empregados | 184.107 (Total 2015) (http://www.psa-peugeot-citroen.com/en/automotive-group/overview/key-financial-data) |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
PSA Peugeot-Citroën é un grupo empresarial formado en 1976 coa fusión das empresas francesas Citroën e Peugeot, é o segundo maior fabricante de automóbiles de Europa, co 15,4% do mercado. A este grupo pertencen outras compañías: a empresa de transportes Gefco, o fabricante de equipamentos para automóbiles Faurencia, Banque PSA Finance, Peugeot Motocycles (terceiro maior fabricante europeo de scooters e motocicletas de entre 50 e 125cc), Peugeot Citroën Moteurs (PCM) e Process Conception Ingénierie (PCI) que deseña e fabrica equipamento industrial para o grupo e para outros. En Galicia teñen: en Vigo unha fábrica de autómobiles (a máis rendible do grupo); no Porriño, un centro de distribución.