Plasma Diagnostic Package

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Plasma Diagnostic Package / PDP
STS-51-F Plasma Diagnostics Package.jpg
PDP sostido polo brazo manipulador do transbordador espacial.
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Destino actualRegresado á Terra.[1]
Data de lanzamento29 de xullo de 1985, 21:00 GMT[1][2][3]
Foguete portadorTransbordador espacial Challenger[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral[2][5]
Obxectivo da misiónEstudo do plasma terrestre.[2][5]
Regreso6 de agosto de 1985[1]
NSSDC ID1985-063B
Masa285 kg[4]

Plasma Diagnostic Package, tamén denominado PDPD polo seu acrónimo, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 29 de xullo de 1985 mediante o transbordador espacial Challenger desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral, en Florida.[2][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

PDP foi un satélite artificial despregado polo brazo robótico do transbordador espacial Challenger durante a misión STS 51F e recuperado seis horas máis tarde. PDP podía funcionar tanto en voo libre como conectado ao transbordador servindo como un instrumento máis, con identificador 85-063A-03.[1][2][4][5]

A misión de PDP consistiu en facer distintas medicións sobre o contorno de plasma arredor da Terra.[1][2][4][5]

PDP regresou á Terra co transbordador espacial o 6 de agosto de 1985.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "PDP" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (26 de agosto de 2014). "Plasma Diagnostic Package (PDP)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  3. Claude Lafleur (2010). "PDP" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "PDP" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2011). "PDP" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]