PDF/X

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

PDF/X é unha subclasificación ou variación do estándar PDF.

Características[editar | editar a fonte]

O propósito do PDF/X é facilitar o intercambio de gráficos, e polo tanto ten unha serie de requerimentos ligados á impresión que non aplican ó estándar PDF habitual. Por exemplo, no formato PDF/X-1a todas as fontes teñen que ser embebidas e todas as imaxes necesitan ser CMYK ou con colores tipo spot. PDF/X-3 acepta colores RGB e CIELAB, e ademais ten a maior parte das restricións do PDF/X-1a.

Os arquivos PDF/X non só deben cumprir certas restricións, ademais deben conter un identificador específico, dentro do PDF, que di cal é a versión do PDF/X. Isto quere dicir que un documento so pode adcribirise a un único estándar PDF/X, incluso se todos os outros requerimientos se satisfacen.

As condición de impresión neceistan ser especificados no arquivo. Isto pode especificarse a través de perfís estándares vía o uso de códigos, coma CGATS TR 001 SWOP.

Nun documento PDF/X que conteña datos referidos a cores, cada cor ten o seu propio perfil, aínda que o arquivo en si mesmo sexa CMYK. Os gráficos individuais poden ser RGB (con información axeitada de calibración).

Ademais varias seccións deben ser definidas. A sección intermedia define o tamaño do documento enteiro, namentres que a ArtBox ou a TrimBox definen a extensión da área que pode ser impresa. Se o documento ten que ser impreso con bleed, debe definirse a BleedBox (que é maior cá TrimBox/ArtBox e menor cá MediaBox).

O contido activo non se permite nun documento PDF/X. Isto quere dicir que algunhas características do PDF estándar tales coma formularios, sinaturas, comentarios ou sons e películas embebidas non son permitidas en PDF/X. Estas características prohibidas no estándar PDF/X poden empregarse en certas ocasións, se non afectan á visualización do arquivo. Isto permite, coma exemplo, anotacións dentro da BleedBox.

Lista de estándares PDF/X[editar | editar a fonte]

PDF/X é formalizado a través das ISO 15929 e 15930:

  • ISO 15929 (que foi retirada en marzo do 2008 e xa non é un estándar oficial) específica as guías e principios para o desenvolvemento dos estándares PDF/X.
  • ISO 15930 define as seguintes implementaciones específicas:
    • ISO 15930-1:2001 (en inglés): PDF/X-1a:2001, Intercambio con colores CMYK e Spot, baseado na versión PDF 1.3
    • ISO 15930-2: PDF/X-2, nunca foi publicado.
    • ISO 15930-3:2002 (en inglés): PDF/X-3:2002, Permite CMYK, Spot, imaxes RGB calibradas e CIELAB, baseado no PDF 1.3.
    • ISO 15930-4:2003 (en inglés): PDF/X-1a:2003, revision do PDF/X-1a:2001 baseado no PDF 1.4
    • ISO 15930-5 (en inglés): PDF/X-2, Unha extensión do PDF/X-3 que permite ligazóns a datos externos xestionados con OPI. Foi retirado no 2011.
    • ISO 15930-6:2003 (en inglés): PDF/X-3:2003, revisión do PDF/X-3:2002 baseado na versión PDF 1.4
    • ISO 15930-7:2008 (en inglés): PDF/X-4, Sopórtanse colores CMYK, escala de grises, RGB ou spot, ó igual que transparencias e contido opcional.
    • ISO 15930-8:2008 (en inglés): PDF/X-5, cunha segunda edición con corecións menores e melloras (que non cambían os identificadores do arquivo)
    • ISO 15930-8:2010 (en inglés): Emprégase a versión 1.6. Unha coleción de tres niveis de aceptación:
      • PDF/X-5g: Unha extensión de PDF/X-4 que habilita o uso de contido gráfico externo. Isto pódese describir coma OPI-like (Open Prepress Interface) workflows. Especificamente isto permite que os gráficos que son referenciados externamente ó PDF, poidan ser tratados con baixa resolución [ISO-15930-8:2010].
      • PDF/X-5pg: Unha extensión de PDF/X-4 que habilita o uso de contido gráfico externo conxuntamente cunha referencia ó perfil externo tipo ICC para propósitos dunha correcta visualización.
      • PDF/X-5n: Unha extensión de PDF/X-4p que habilita un perfil externo ICC para a visualización en cor empregando un formato diferente á escala de grises, RGB e CMYK.

Identificadores de arquivo[editar | editar a fonte]

Todas as versións de PDF/X conteñen identificadores que identican a versión de PDF/X que conforman. Esta información aparece nun dicionario informativo, nos metadatos do documento, de acordo ó estándar empregado. Dende 2010, a lista completa de identificadores de arquivo son as seguintes claves: PDF/X-1:2001, PDF/X-1a:2001, PDF/X-1a:2003, PDF/X-3:2002, PDF/X-3:2003, PDF/X-4, PDF/X-4p, PDF/X-5g, PDF/X-5pg. Obsérvese que isto quero dicir que as diversas revisións de PDF/X-1a and PDF/X-3 son tipoloxías diferenciadas, namentres que as diversas revisións de PDF/X-4 and PDF/X-5 non o son.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]