P120C

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O P120C é un motor de foguetes, empregado nos Ariane 6 e Vega da ESA.

Características[editar | editar a fonte]

De propulsión sólida, funcionará uns 130 s , consumindo unhas 142 toneladas de combustible para procurar unha forza ascensional de 4500 kN. Ten 13,5 m de longo e 3,4 m de diámetro, cunha carcasa de 25 cm de espesor de composto de carbono.

Foi realizado por Europropulsion, propiedade de Avio e o ArianeGroup.[1] Espérase unha versión máis potente, P120C+.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "ESA-developed P120C solid rocket motor enters production". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2022-04-02.