Pía da auga bieita
Aparencia
Na relixión católica denomínase pía da auga bieita a unha pía de pedra ou outro material situado na entrada das igrexas que contén auga bieita para se persignaren os fieis.
A orixe das pías de auga bieita remóntase aos primeiros tempos da Igrexa Católica considerándose como tales polos arqueólogos certos vasos e depósitos de mármore ou de barro cocido que se achan nas catacumbas. Porén a forma e posición das pías, tal como se atopan agora na entrada das igrexas, comezou no século XII xeralizándose a finais do século XIV.
Adoita tratarse dun cunco embutido no muro a xeito de canzorro ou ménsula, moitas veces con forma de cuncha. As máis das veces é unha gran valva verdadeira, outras veces faise de pedra, mármore ou nácara.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pía da auga bieita |