Saltar ao contido

Manuel Pedreira Rumbo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Pedreira Rumbo
Biografía
Nacemento1916 Editar o valor en Wikidata
Culleredo, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, político Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiManuel Pedreira Pazos Editar o valor en Wikidata
IrmánsDemófilo Pedreira Rumbo Editar o valor en Wikidata

Manuel Germán Pedreira Rumbo, nado en Culleredo cara a 1916 e finado en Buenos Aires, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Pedreira Pazos que era mestre en Poio. Estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na defensa da República que se orquestrou desde o Goberno Civil de Pontevedra ata a súa rendición, o 20 de xullo. Despois logrou fuxir. Reclamado mediante requisitoria polo xuíz militar de Pontevedra o 4 de setembro xunto con Aurelio Torres Lorenzo, Manuel Martínez, Albino Sánchez Leiro e Elvira Lodeiro González.[2] Foi declarado prófugo o 25 de febreiro de 1937 ao non se presentar cando foi movilizado para o Exército. Coa derrota de República pasou a Francia. Exiliouse na República Dominicana, a onde chegou o 23 de febreiro de 1940.[3] A principios de 1941 marchou á Arxentina. Integrouse na Irmandade Galega de Bos Aires. Colaborou en A Fouce e foi director de A Nosa Terra. En 1982 fundou o periódico Pátria Galega.

  1. El Pueblo Gallego, 16-5-1933, p. 11.
  2. El Diario de Pontevedra, 4-9-1936, p. 2.
  3. Lista de exiliados republicanos españoles en la República Dominicana en 1940

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]