Oviraptoridae
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2019.) |
Oviraptoridae Rango fósil: Cretáceo | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Heyuania | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Fósil | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||
Ver o texto. |
Oviraptoridae é unha familia de dinosauros terópodos oviraptorosaurianos, que viviron dende o Cretáceo inferior até o Cretáceo superior (fai aproximadamente 125 e 65 millóns de anos, desde o Aptiano até o Mastrichtiano), no que hoxe é Mongolia e a China.
Descrición
[editar | editar a fonte]Os ovirraptóridos podían chegar a medir até 8 m aínda que a maioría non excedía os 2. Posuían un característico peteiro desdentado e curvado. Algúns membros desta familia, como o ovirráptor ou o citipati, presentan unha crista semellante á do casuario. Debido á súa posición filoxenética, probablemente os ovirraptóridos presentaban plumas.
Sistemática
[editar | editar a fonte]Oviraptoridae defínese como o clado máis inclusivo que contén ao Oviraptor philoceratops (Osborn, 1924) mais non ao Chirostenotes pergracilis (Sternberg, 1940).
Taxonomía
[editar | editar a fonte]- Familia Oviraptoridae
- Gigantoraptor
- Microvenator
- Shixinggia
- Subfamilia Oviraptorinae
- Subfamilia Ingeniinae
Oviraptorinae
[editar | editar a fonte]Oviraptorinae é unha subfamilia de dinosauros terópodos ovirráptoridos que viviron no Cretáceo superior (fai aproximadamente 84 e 65 millóns de anos, no Campaniano e o Mastrichtiano, no que é hoxe Mongolia e a China.
Oviraptorinae defínese como o clado máis inclusivo que contén ao Oviraptor philoceratops (Osborn, 1924) e a Citipati osmolskae (Clark, Norell, & Barsbold, 2001).
Ingeniinae
[editar | editar a fonte]Ingeniinae é unha subfamilia de dinosauros terópodos ovirráptoridos que viviron no Cretáceo superior (fai aproximadamente 84 e 65 millóns de anos, no Campaniano e o Mastrichtiano, no que é hoxe Mongolia e a China.
Oviraptorinae defínese como o clado mais inclusivo que contén Ingenia yanshini (Barsbold, 1981) e a Conchoraptor gracilis (Barsbold, 1986).
Galería
[editar | editar a fonte]-
Membros da subfamilia Oviraptorinae
-
Membros da subfamilia Ingeniinae
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oviraptoridae |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Oviraptoridae |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Paul, Gregory S. (2002). Dinosaurs of the air : the evolution and loss of flight in dinosaurs and birds. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 9780801867637. OCLC 45743292.