Ovidio Rodeiro
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1972 (51/52 anos) Boqueixón, España |
Alcalde de Boqueixón | |
2023 – ← Manuel Fernández Munín | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
2020 – 2023 | |
Alcalde de Boqueixón | |
2015 – 2016 (dimisión) ← Jesús Sanjuás Mera – Manuel Fernández Munín → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Ovidio Rodeiro Tato, nado en Boqueixón en 1972, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Diplomado en Maxisterio, foi concelleiro en Boqueixón dende 1999 ata 2009 baixo o mandato de Adolfo Gacio, sendo primeiro tenente de alcalde dende 2003 e ocupando diversas áreas de goberno durante eses anos como Cultura e Deportes ou Obras e Urbanismo.[1] En 2009 foi nomeado Director Xeral de Xuventude e do Voluntariado da Xunta de Galicia, cargo no que se mantivo ata o 2015, cando encabezou a candidatura do PPdeG en Boqueixón para as eleccións municipais e foi elixido alcalde con maioría absoluta.
A finais do 2016 renunciou á alcaldía de para pasar a ser Delegado Territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña,[2] manténdose no cargo ata as Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020, nas cales foi elixido deputado. Encabezou a candidatura do PPdeG en Boqueixón nas municipais de 2023[3] e volveu a ser elixido alcalde con maioría absoluta, polo cal tivo que renunciar como deputado.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Biografía na web do Parlamento de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2023. Consultado o 02 de maio de 2023.
- ↑ Araújo, Emma (8 de decembro de 2016). "Munín pide colaboración e anuncia consenso como alcalde de Boqueixón". lavozdegalicia.es. Consultado o 24 de xuño de 2023.
- ↑ Araújo, Emma (30 de xaneiro de 2023). "Ovidio Rodeiro vuelve a la política local como candidato del PP de Boqueixón". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 24 de xuño de 2023.
- ↑ Gago, Xosé; Placer, Laura (18 de xuño de 2023). "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 6 de outubro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ovidio Rodeiro |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine. en El Correo Gallego
Predecesor: Jesús Sanjuás Mera |
Alcalde de Boqueixón 2015 - 2016 |
Sucesor: Manuel Fernández Munín |
Predecesor: Manuel Fernández Munín |
Alcalde de Boqueixón 2023 - actualidade |
Sucesor: no cargo |