Ousmane Tanor Dieng

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ousmane Tanor Dieng
Tanor Dieng.JPG
Nacemento2 de xaneiro de 1947
 Nguéniène
Falecemento15 de xullo de 2019
 Bordeos
Causadoenza
NacionalidadeSenegal
Alma máterCheikh Anta Diop University
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Ousmane Tanor Dieng, nado en Nguéniéne (Senegal) o 2 de xaneiro de 1948 e finado en París o 15 de xullo de 2019,[1] foi un avogado e político socialista senegalés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Dereito na Universidade de Dakar, especializándose en dereito público e endereito internacional. Tamén foi diplomado na Escola Nacional de Administración, na rama diplomática, e na Escola Superior de Obras Públicas.

En 1976 comezaron os seus servizos no seo da administración senegalesa onde foi ocupando sucesivamente os cargos de conselleiro do Ministerio de Asuntos Exteriores, (1976-1978), conselleiro de asuntos diplomáticos do presidente do país Léopold Sédar Senghor (1978-1981), e logo do seu sucesor, o tamén socialista Abdou Diouf (1981-1988). En 1988, foi nomeado xefe de gabinete e logo ministro-xefe de gabinete polo presidente Diouf, posto que ocupou ata que en 1993 o nomearon ministro de Estado, dos Servizos e da Presidencia.

Dentro do Partido Socialista Senegalés, Ousmane Tanor Dieng foi membro do seu consello político dende 1988. En marzo de 1996 foi nomeado secretario xeral do Partido Socialista e secretario nacional de relacións internacionais. Ademais, dende setembro de 1996 foi un dos vicepresidentes da Internacional Socialista.

Concorreu como candidato ás eleccións presidenciais do 25 de febreiro de 2007 como cabeza da esquerda senegalesa, pero só recolleu un 13,57% dos votos, acadando a terceira posición por detrás do liberal Idrissa Seck e por detrás do tamén liberal Abdoulaye Wade, que saíu reelixido presidente do Senegal por maioría absoluta na primeira volta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Senegal’s Socialist Party stalwart, Ousmane Tanor Dieng dies". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2019. Consultado o 20 de xullo de 2019.