Ought é foi banda canadense de art rock procedente de Montreal. O grupo formouse no ano 2012 cando os seus membros comezaron a vivir xuntos nun local de ensaio comunal mentres gravaban o seu primeiro material. A banda estivo composta por Tim Darcy (voces, guitarra), Ben Stidworthy (baixo), Matt May (teclados) e Tim Keen (batería). O 3 de novembro de 2021 o grupo anunciou a súa separación a través dunha publicación no seu perfil de Facebook.[1]
Despois de asinar con Constellation Records, publicaron o seu primeiro álbum, More than Any Other Day, en 2014. Este traballo foi aclamado pola crítica,[3] e apareceu en varias listas de mellores discos do ano 2014, como nas de Rolling Stone, Pitchfork Media, Drowned In Sound, Loud and Quiet, Exclaim!, Crack Magazine e Paste.[4] O álbum acadou o número 20 na lista estadounidense Billboard Heatseekers.
En outubro de 2014 a banda editou Once More With Feeling, un EP con caras b de More Than Any Other Day e regravacións das súas primeiras cancións.[5] En xullo de 2015 a banda anunciou un segundo traballo, titulado Sun Coming Down, publicado no mes de setembro.[6][7]