Os tres poetas tráxicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os tres poetas tráxicos é unha enumeración canónica coa que se pondera, desde a Antigüidade, aos tres principais autores (Esquilo, Sófocles e Eurípides) que cuñaron o xénero da traxedia grega na Atenas do século -V (o século de Pericles), superando as limitadas convencións da orixe do teatro grego, representadas pola obra de Tespis.

A expresión úsase polo menos desde Heráclides, que titula un dos seus Diálogos como Dos tres poetas tráxicos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Recollido por Dióxenes Laercio, Los diez libros de Diogenes Laercio sobre las vidas, opiniones y sentencias de los filósofos más ilustres, Imprenta Real, 1792, vol. 1, px. 315 (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]