Os nove poetas líricos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os nove poetas líricos, ou nove poetas mélicos, foron un canon ou lista de poetas e compositores gregos antigos, tidos en gran estima polos tamén antigos académicos e expertos helenísticos de Alexandría. Considerábanse dignos de estudo crítico.

Nine lyric poets.jpg

Os nove poetas foron estes:

Na maioría de fontes escritas gregas, emprégase a palabra melikos para referirse a estes autores (de melos 'canción'), pero algúns autores empregaron no seu lugar lyrikos, que foi a que se empregou para crear o latín lyricus e de aí ás linguas modernas.

Os antigos académicos definiron este xénero (a lírica) en atención á forma métrica e ao instrumento con que se acompañaba, a lira, e non baseándose no fondo (o contido). Debido a isto, existen algúns tipos de poesía que deberían ser incluídos baixo a etiqueta «lírica» na literatura moderna, pero que, con todo, están excluídos (como a elexía).

Esta poesía lírica está dividida tradicionalmente en dous estilos: poesía coral, e poesía lírica monódica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]