Os homes explícanme cousas
Os homes explícanme cousas | |
---|---|
Título orixinal | Men Explain Things to Me |
Autor/a | Rebecca Solnit |
Ilustrador/a | Estefanía Padullés |
Orixe | Estados Unidos de América |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Ensaio |
Editorial | Hércules de Ediciones |
Data de pub. | 2014 2019 |
ISBN | ISBN 978-84-120974-2-9 (gl) |
Tradución | María Fe González Fernández |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os homes explícanme cousas (título orixinal en inglés: Men Explain Things to Me) é unha colección de ensaios do 2014 da escritora americana Rebecca Solnit, publicada por Haymarket Books e considerado un dos títulos fundamentais para o feminismo do século XXI.[1] O libro contiña orixinalmente sete ensaios, e segundo a súa editora, "converteuse nunha pedra de toque do movemento feminista".[2] O ensaio principal do libro foi citado en The New Republic como a peza que "lanzou o termo mansplaining".[3] Nos restantes ensaios trátase a violencia contra as mulleres, a figura de Virginia Woolf ou os movementos como Yes, All Woman.[4]
Esta obra, xunto ao ensaio Mulleres e poder de Mary Beard, inaugura a colección Púrpura publicada pola editorial Hércules de Ediciones no ano 2019.[5] Foi traducida ó galego por María Fe González Hernández e considerado como Mellor libro traducido para público adulto no 2019 polos lectores e lectoras de Fervenzas Literarias.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "‘Os homes explícanme cousas’, guía práctica do ‘mansplaining’". BiosBardia. 2020-02-06. Consultado o 2020-12-27.
- ↑ "Men Explain Things to Me". web.archive.org. 2018-09-16. Archived from the original on 16 de setembro de 2018. Consultado o 2020-12-27.
- ↑ Lewis, Helen (2014-07-05). "The Essay That Launched the Term "Mansplaining"". The New Republic. ISSN 0028-6583. Consultado o 2020-12-27.
- ↑ "Nace a colección Púrpura, que publica en galego textos de referencia do feminismo contemporáneo". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-12-11. Consultado o 2020-12-27.
- ↑ Pin, Irene. "A colección Púrpura trae referentes feministas ao galego". Nós Diario. Consultado o 2020-12-27.
- ↑ "Os homes explícanme cousas". Consultado o 2020-12-27.