Rebecca Solnit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRebecca Solnit

(2010) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xuño de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Bridgeport, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de San Francisco - literatura inglesa
University of California, Berkeley Graduate School of Journalism (en) Traducir - Master of Journalism (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador da arte , escritora , autora , xornalista , ecoloxista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webrebeccasolnit.net Editar o valor em Wikidata
Facebook: rebecca.solnit Twitter: RebeccaSolnit Editar o valor em Wikidata

Rebecca Solnit, nada en Bridgeport (Connecticut) o 24 de xuño de 1961, é unha escritora estadounidense. Escribiu sobre gran variedade de temas, incluíndo o medio, a política e a arte.[1] Solnit é editora colaboradora de Harper's Magazine, onde bimensualmente escribe a columna "Easy Chair" da revista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mocidade e educación[editar | editar a fonte]

Solnit é filla de pai xudeu e nai católica irlandesa.[2] En 1966 a súa familia trasladouse a Novato, California, onde medrou.[3] Evitou a escola secundaria por completo, matriculándose nunha secundaria alternativa dentro do sistema de escolas públicas, onde cursou até o décimo grao e aprobou o GED. Máis adiante matriculouse nun colexio menor onde finalizou os seus estudos secundarios. Con 17 anos trasladouse a París, Francia, onde continuou os seus estudos. Finalmente regresou a California e terminou a súa educación universitaria na Universidade Estatal de San Francisco.[4] Recibiu unha mestría en xornalismo da Universidade de California, Berkeley en 1984 e foi unha escritora independente desde 1988.[5]

Activismo[editar | editar a fonte]

Solnit traballou en campañas en defensa do medio e dos dereitos humanos desde a década de 1980, especialmente co Western Shoshone Defense Project a principios dos 90, como se describe no seu libro Savage Dreams, e con activistas antiguerra ao longo da era Bush.[6] Colaborou coas organizacións 350.org e o Sierra Club centradas no activismo ambiental. Tamén foi activista en favor dos dereitos das mulleres, centrada especialmente na violencia contra as mulleres.[7]

Actividade como escritora[editar | editar a fonte]

A súa escritura apareceu en numerosas publicacións impresas e en liña, incluíndo o xornal The Guardian e Harper's Magazine, onde é a primeira muller en escribir regularmente a columna Easy Chair fundada en 1851. Tamén é colaboradora habitual do blog político TomDispatch e de LitHub.[8][9]

Solnit é autora de dezasete libros e ensaios, ademais de numerosos catálogos e antoloxías de museos. O seu libro de 2009 A Paradise Built in Hell: The Extraordinary Communities that Arise in Disaster comeza como un ensaio titulado "The Uses of Disaster: Notes on Bad Weather and Good Government" publicado pola revista Harper o día que o furacán Katrina golpeou a costa do golfo de México. Foi parcialmente inspirado polo terremoto de 1989 Loma Prieta, que Solnit describiu como "a remarkable occasion...a moment when everyday life ground to a halt and people looked around and hunkered down". Nunha conversa co cineasta Astra Taylor para a revista BOMB, Solnit resumiu o tema de A Paradise Built in Hell: "What happens in disasters demonstrates everything an anarchist ever wanted to believe about the triumph of civil society and the failure of institutional authority."[7]

Premios e recoñecemento[editar | editar a fonte]

Solnit recibiu dúas bolsas NEA, da sección dedicada a Literatura, unha bolsa Guggenheim, unha bolsa literaria Lannan e un Premio Wired Rave por escribir sobre os efectos da tecnoloxía nas artes e as humanidades.[10] En 2010 a revista Utne Reader nomeou Solnit como unha dos "25 Visionaries Who Are Changing Your World".[11] O seu "The Faraway Nearby" (2013) foi nomeado para o National Book Award[12] e foi seleccionado para o National Book Critics Circle Award de 2013.[13][13]

Por "River of Shadows", Solnit foi honrada co premio National Book Critics Circle[14] no ano 2003 e o premio 2004 de Sally Hacker da Society for the History of Technology, que premia a investigación de calidade excepcional, que consiga alcanzar unha audiencia ampla máis aló da academia.[15] Solnit tamén foi galardoada co premio de historia da universidade de Harvard Mark Lynton History Prize en 2004 por "River of Shadows".[16] Tamén foi galardoada co Premio Corlis Benefideo Award for Imaginative Cartography 2015-16 pola North American Cartographic Information Society[17]

Solnit, declarou que a súa obra foi influenciada por autores e autoras como Eduardo Galeano, Pablo Neruda, Ariel Dorfman, Elena Poniatowska, Gabriel García Márquez e Virginia Woolf.

Recoñecemento informal[editar | editar a fonte]

A Solnit atribúeselle o concepto mansplaining:[18][19] un estilo de linguaxe condescendente baseado no xénero, que xurdiu como termo de uso habitual pouco despois da publicación no seu blog persoal de "Men Explain Things to Me", e a súa posterior publicación en forma de libro, en abril de 2008. Solnit non inventou a composición (Portmanteau) mais si contribuíu á súa utilización habitual.[18][20][21][22][23]

Recepción no Estado Español[editar | editar a fonte]

A partir das traducións da editorial Capitán Swing de Men Explain Things To Me, traducido ao galego como Os homes explícanme cousas, e Wanderlust: A History of Walking as ideas de Rebecca Solnit, especialmente o concepto de mansplaining, aumentaron a súa presenza na prensa escrita española.[24]

A autora foi entrevistada polos xornais El País, El Periódico de Catalunya e El Confidencial.[25][26][27] Publicáronse recensións de "Wanderlust" nas revistas Fronterad[28] e Notodo[29] e nun dos suplementos do diario vasco Naiz, así como no suplemento cultural Babelia do xornal El País.[30][31] Fixéronse recensións de "Men explain things to en varios xornais como El Español, El Diario, El País e revistas, como Cactus Arquivado 14 de febreiro de 2019 en Wayback Machine..[32][33][34][35][36]

Rebecca Solnit tamén foi mencionada polo coñecido escritor Manuel Rivas na súa columna de opinión Navegar el desvío no suplemento cultural Babelia.[37]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Solnit, Rebecca (1991). Secret exhibition : six California artists of the Cold War era. San Francisco: City Lights. ISBN 9780872862548.
  • Savage Dreams: A Journey Into the Landscape Wars of the American West. Berkeley: University of California Press. 2014 [1994]. ISBN 9780520957923.
  • A Book of Migrations: Some Passages in Ireland. Londres: Verso. 2011 [1997]. ISBN 9781844677085.
  • Wanderlust: A History of Walking. Nova York: Penguin. 2001 [2000]. ISBN 9780140286014.
  • Hollow City: The Siege of San Francisco and the Crisis of American Urbanism. Images by Susan Schwartzenberg. Londres: Verso. 2002 [2000]. ISBN 9781859843635.
  • As Eve Said to the Serpent: On Landscape, Gender, and Art. Athens: University of Georgia Press. 2003 [2001]. ISBN 9780820324937.
  • River of Shadows: Eadweard Muybridge and the Technological Wild West. Nova York: Viking. 2004 [2004]. ISBN 0142004103.
  • Hope in the Dark: Untold Histories, Wild Possibilities (Updated Edition). Haymarket Books. 2016 [2004]. ISBN 9781608465767.
  • A Field Guide to Getting Lost. Nova York: Viking. 2005. ISBN 9781101118719.
  • Klett, Mark; Solnit, Rebecca; Wolfe, Byron (2005). Yosemite in Time: Ice Ages, Tree Clocks, Ghost Rivers. San Antonio: Trinity University Press. ISBN 9781595340429.
  • "The Ruins of Memory". After the Ruins, 1906 and 2006: Rephotographing the San Francisco Earthquake and Fire. By Mark Klett with Michael Lundgren. Berkeley: University of California Press. 2006. ISBN 9780520245563.
  • Storming the Gates of Paradise: Landscapes for Politics. Berkeley: University of California Press. 2007. ISBN 9780520256569.
  • A Paradise Built in Hell: The Extraordinary Communities that Arise in Disaster. Nova York: Penguin. 2010 [2009]. ISBN 9781101459010.
  • Solnit, David; Solnit, Rebecca, eds. (2009). The Battle of the Story of the Battle of Seattle. AK Press. ISBN 9781904859635.
  • A California Bestiary. Illustrations by Mona Caron. Berkeley: Heyday Books. 2010. ISBN 9781597141253.
  • Infinite City: A San Francisco Atlas. Berkeley: University of California Press. 2010. ISBN 9780520262492.
  • The Faraway Nearby. Nova York: Penguin. 2013. ISBN 9781101622773.
  • Unfathomable City: A New Orleans Atlas. Berkeley: University of California Press. 2013. ISBN 9780520262492.
  • Men Explain Things To Me. Chicago: Haymarket Books. 2014. ISBN 9781608464579.
  • The Encyclopedia of Trouble and Spaciousness. San Antonio: Trinity University Press. 2014. ISBN 9781608464579.
  • Ruins. Londres, Inglaterra: Whitechapel Art Gallery; Cambridge, MA: MIT Press. 2011. ISBN 9780854881932
  • Nonstop Metropolis: A New York City Atlas. Berkeley: University of California Press. 2016. ISBN 9780520285958.

Ligazóns[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Room to Roam". 
  2. Rustin, Interview by Susanna (29 de xuño de 2013). "Rebecca Solnit: a life in writing". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  3. "Rookie » Why Can't I Be You: Rebecca Solnit". www.rookiemag.com (en inglés). Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  4. "Move Over, Joan Didion / Make room for Rebecca Solnit, California's newest cultural historian". SFGate. Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  5. "Rebecca Solnit". tupress.org. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  6. "BOMB Magazine — Rebecca Solnit by Astra Taylor". bombmagazine.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2017. Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  7. 7,0 7,1 "San Francisco, the island within an island | Generation Anthropocene". www.stanford.edu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2013. Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  8. "Rebecca Solnit | Authors | TomDispatch". www.tomdispatch.com (en inglés). Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  9. "Rebecca Solnit | Literary Hub". lithub.com (en inglés). Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  10. Staff, Wired. "The 2004 Wired Rave Awards". WIRED (en inglés). Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  11. "Rebecca Solnit: The Silver Cloud – Visionaries – Utne Reader". Utne (en inglés). Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  12. "National Book Critics Circle: Announcing the National Book Critics Awards Finalists for Publishing Year 2013 - Critical Mass Blog". bookcritics.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2014. Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  13. 13,0 13,1 "NBCC finalists announced » MobyLives". Melville House Books (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2020. Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  14. "National Book Critics Circle: awards". bookcritics.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2019. Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  15. "History Of Technology: Hacker". www.historyoftechnology.org. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2017. Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  16. "J. Anthony Lukas Prize Project - Nieman Foundation". nieman.harvard.edu (en inglés). Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  17. NACIS.ORG. "NACIS.ORG". North American Cartographic Information Society (en inglés). Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  18. 18,0 18,1 "Rebecca Solnit: Feminismo de datos". eldiario.es (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  19. "[Crítica] 'Los hombres me explican cosas' - Rebecca Solnit te explica por qué - Canino". Canino (en castelán). 19 de setembro de 2016. Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  20. "The Art of Mansplaining". Nation Institute (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2017. Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  21. Solnit, Rebecca (19 de agosto de 2012). "Why "Mansplaining" Is Still a Problem". AlterNet. Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  22. Rothman, Lily. "A Cultural History of Mansplaining". The Atlantic (en inglés). Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  23. "Hombres que te explican cosas: Top 7 de mansplainers". eldiario.es (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  24. Swing, Capitán. "Rebecca Solnit". capitanswing.com (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  25. ""¿Tenemos que hacer sentir cómodos a los hombres pero es poco femenino decir que quieren matarte?"". S Moda EL PAÍS. 
  26. "Rebecca Solnit: «Urge una sociedad en la que los hombres no violen»". 
  27. "Por qué los hombres le explican todo a las mujeres como si fueran bobas . Noticias de Cultura". 
  28. "“Más allá de vuestras leyes hay una pradera”. Acerca del arte y la filosofía de caminar". FronteraD. 
  29. "Rebecca Solnit". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2019. Consultado o 15 de febreiro de 2019. 
  30. "7K - zazpika astekaria CAMINAR, un gesto revolucionario - 1". 
  31. "Buena gente que camina". 
  32. "El ensayo feminista que hará perder a los hombres su guerra contra las mujeres". 
  33. "Deja que te explique qué es el ‘mansplaining’". 
  34. "Rebecca Solnit: Feminismo de datos". 
  35. "A Rebecca Solnit los hombres le explican cosas (y no le hace falta)". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2019. Consultado o 15 de febreiro de 2019. 
  36. "'Los hombres me explican cosas': lee el ensayo que inventó el 'mansplaining'". S Moda EL PAÍS. 
  37. "En el acantilado de cristal". Columnas EL PAÍS Semanal.