Os cazapantasmas (en inglés:The Real Ghostbusters) é unha serie de debuxos animados para a televisión baseada no filme de 1984 Ghostbusters que se emitiu de 1986 a 1991. En Galicia a Televisión de Galicia emitiuna en 1992.
O doutor Peter Venkman é quen toma a decisión de aceptar cada caso, o doutor Egon Spengler é o xenio científico que proporciona a tecnoloxía que o grupo precisa para interactuar co reino etéreo, en moitos dos episodios, Egon atopa a solución cando xa se perdeu toda esperanza, o doutor Ray Stantz é a mente mecánica no equipo, aínda que por dentro é coma un neno. Winston Zeddemore encarna a determinación, sempre co seu raio de protóns a punto. Winston Zeddemore, que na película tiña escaso protagonismo, colleu valor nesta serie.